Unha persoa resulta ferida nun accidente en Touro

O propio automóbil avisou do sinistro de forma automática a través do sistema 'ecall'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2020 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico en Touro, tras o que os servizos de emerxencias tiveron que intervir para axudar á vítima a saír do vehículo. O propio automóbil avisou do sinistro de forma automática a través do sistema 'ecall'.

O 112 Galicia informou de que recibiu o aviso por esta vía pasadas as 16,00 horas e que tamén varios particulares chamaron para informar o accidente.

O sistema 'ecall', que deben levar instalado os vehículos de recente fabricación, permite dar o aviso e establecer comunicación co coche, polo que neste caso foi posible falar co condutor. El mesmo indicou que necesitaba axudar para saír porque estaba atrapado polo asento traseiro.

O 112 facilitou aos bombeiros de Arzúa os datos da localización do vehículo e, unha vez o ferido foi rescatado do interior, recibiu asistencia médica por parte do 061.

O 112 lembra que o sistema 'ecall' consiste nuns sensores instalados no vehículo que, ao detectar o impacto, fan unha chamada automática a este servizo de emerxencias e achegan datos para localizar o coche, o que permite acurtar tempos de resposta.

Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo
Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta