Pontón chama a "concentrar" o voto no BNG

A candidata nacionalista arranca a derradeira xornada de campaña afeando a Feijóo a "ocultación" de información con respecto ao rebrote da Mariña

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2020 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, reuniu este venres, a apenas unhas horas de que conclúa a carreira cara ás urnas, á cabeza de lista do catro provincias para lanzar a mensaxe de que "o cambio galego é posible se se concentran todos os esforzos na papeleta do BNG".

Pontón fai balance desta campaña para observar "ilusión ao redor da candidatura" do Bloque. "O cambio político posible. Imos facer historia cunha presidenta, cun goberno con mans libres", proclamou na compostelá Praza da Quintana, onde sostivo coas súas mans unha Galicia feita de cartón para apelar a quen "queiran romper coa época gris" de Feijóo "cun goberno liderado polo BNG". A candidata nacionalista dirixiuse especialmente á xente nova e os indencisos. "É tempo de cambio", incidiu, á vez que garantiu acabar coas "políticas que están sempre destruíndo o país".

Pontón coas cabezas de lista ao 12J.
Pontón coas cabezas de lista ao 12J. | Fonte: Europa Press

Pontón exhibe optimismo nestas últimas horas antes da cita coas urnas, para que "non siga a agonía, que non quede" ninguén na casa. "Hai que romper coas políticas de precariedade. Somos unha garantía", expuxo Pontón, rodeada de Xosé Luís 'Mini' Rivas (dous pola Coruña), Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Luís Bará (Pontevedra).

Antes de pechar este periplo electoral na coruñesa praza de María Pita, Pontón volveu a presentarse como unha futura presidenta. "Darei o mellor de min mesma, estaremos á altura do pobo galego", garantiu Pontón, que comezou hai dúas semanas a campaña electoral acudindo á súa aldea natal, Chorente -en Sarria- nun encontro co seu pai e a súa nai, que pediu darlle unha "oportunidade", porque, asegurou, "non defraudará" aos galegos.

"ENTERRAR A INCOMPETENCIA"

A candidata nacionalista esperou que os galegos "enterren as mentiras do PP e a incompetencia de xestión". É máis, advertiu, preguntada pola situación de rebrotes, que "non houbo previsión nin anticipación" e denunciou que o candidato popular "mentiu na xestión da crise".

Pontón remarcou a necesidade de contar con "unha muller presidenta, un proxecto e compromiso de país". "É o que estamos a ofrecer a este país, ir votar con ilusión", salientou a dirixente nacionalista, quen comprometeu "coidar o medio ambiente, economía circular e defensa clara dos servizos públicos".

"FEIJÓO ESCOLLEU O CAMIÑO DA MANIPULACIÓN"

Preguntada por unha reunión das forzas de esquerda para abordar a situación da Mariña --como instou En Común-- ou co mandatario autonómico --como pediu Marea Galeguista--, Pontón dixo que "quen tiña que convocar" aos partidos é Feijóo e hai unha semana.

"Escolleu o camiño da ocultación e a manipulación. Estamos fartos da mentira do PP. A resposta é unha votación masiva polo cambio galego e temos a posibilidade de abrir un tempo novo, dunha Galicia que confía en si mesma", aseverou a candidata nacionalista, quen sentenciou que o BNG "representa a esperanza dun proceso de cambio deste país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta