Ordenan abrir un colexio en Touro a pesar de que non estaba limpo e non contaba con baños aptos

Tras varios tirapuxas entre o presidente da mesa e o alcalde apareceu a Garda Civil para pedir que se abrira o colexio de Vilar.

Por Galicia Confidencial | Touro | 12/07/2020 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Eran case as 09.00 horas da mañá cando abríu o colexio de Vilar, en Touro. Abría case unha despois da hora marcada para o comezo da xornada electoral e logo de varios tirapuxas entre o presidente e os membros da mesa con persoal da Alcaldía de Toruo.

Baños dun colexio electoral en Touro
Baños dun colexio electoral en Touro | Fonte: remitida

Segundo as fontes consultadas por GC, o motivo era que o local non se atopaba limpo e hixienizado fronte ao coronavirus, tal e como esixe a normativa electoral. De feito, os baños "están impracticables, sen auga, nin luz".

A solución da Alcaldía foi salomónica; enviar bidóns de auga para que sexa utilizada no baño. Ante a indignación dos membros da mesa, e tras ser requeridos polo concello, apareceu unha parella da Garda Civil que deu ordes de abrir o colexio electoral, "a pesar das faltas evidentes de condicións hixénicas contra a covid-19". "Dixeron que se non abría estabase cometendo un delito", apuntaron as fontes consultadas.

Este domingo foi contratada unha empresa de limpeza só para realizar tarefas de desinfección, non de limpeza, pero estas fontes aseguran, que "desinfectar sen limpar antes é como non facer nada".

Situación dos baños, sen auga e luz, nun colexio electoral en Touro
Situación dos baños, sen auga e luz, nun colexio electoral en Touro | Fonte: remitida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta