Denuncian carretaxe de votos en Ourense en residencias ás que non teñen acceso familiares

O BNG denuncia que algúns destes centros teñen restrinxida a visita de familiares, pero, aínda así, os usuarios son levados a votar.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 12/07/2020 | Actualizada ás 15:16

Comparte esta noticia

O BNG denuncia "irregularidades" nunha mesa de votación de Rairo, no Concello de Ourense, tras a votación de varias electoras, "con capacidades físicas mermadas", trasladadas en vehículos por traballadores da residencia de anciáns e acompañadas por monxas.

A formación nacionalista advirte de que os centros onde están ingresadas estas electoras aínda manteñen restrinxidas as visitas de familiares. Os nacionalistas critican que as monxas que as acompañaban e o persoal laboral negásense a que as familias das residentes puidesen visitalas "e agora a xerencia mesmo esta levándoas a votar".

A este respecto, a formación frontista precisou que entre os acompañantes das residentes no colexio electoral atopábanse monxas e persoal do centro, así como outras persoas que non eran familiares das mesmas.

Así, detallou que estas electoras foron levadas en vehículos ao seu colexio electoral por profesionais da residencia e avanzou que trasladará esta información e outras prácticas "irregulares" rexistradas na mesa electoral de Rairo á xunta electoral.

Imaxes facilitadas polo BNG denunciando carretaxe de persoas maiores dunha residencia a un colexio da zona de Rairo en Ourense nas eleccións de xullo de 2020
Imaxes facilitadas polo BNG denunciando carretaxe de persoas maiores dunha residencia a un colexio da zona de Rairo en Ourense nas eleccións de xullo de 2020

Partidos da oposición denuncian o carretaxe duns enfermos que foron trasladados a votar en cadeira de rodas en situacións semellantes a esta producida en 2016
Partidos da oposición denuncian o carretaxe duns enfermos que foron trasladados a votar en cadeira de rodas en situacións semellantes a esta producida en 2016
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Amancio

Unha persoa que mora nunha residencia como esta ten dereito ir votar e as persoas encarregadas de asistila son quen deben garantir o exercicio do dereito se esa for a vontade do residente. A "carretaxe" en si propia non proba nada, os que denuncian deberían demostrar que existe unha alteración da vontade do eleitor ou que tal eleitor realmente non está capacitado para emitir o voto

2 Atlantius

Os cuase mortos votando cunha pequena axudiña...e os que xa o están votando por correo. Todo pra que o sistema latrocinico ispano continúe atado e ven atado. E a xunta electoral trifachita ó servizo do mugrento bipartidismo...

1 mgcolomo

Y sin mascarilla ¿es actual está foto?