Galicia En Común-EU-Anova, a fin dun ciclo que comezou en 2012 e que pon en apuros a Podemos

Gómez-Reino asume “en primeira persoa” os resultados electorais da súa formación en Galicia que a deixan fóra do Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/07/2020 | Actualizada ás 00:18

Comparte esta noticia

“Fracaso sen paliativos”, resultado “inesperado”. Contra todo pronóstico Galicia En Común desaparece do mapa parlamentario galego. A formación non soubo ou non puido crear a mesma ilusión que espertaran as Mareas para as eleccións municipais de 2015 e logo como En Marea para as autonómicas de 2016. As liortas internas, as divisións e por último, a ruptura en dous partidos no Parlamento, En Marea e Grupo Común da Esquerda acabou pasando factura.

Antón Gómez-Reino e os candidatos de Galicia En Común-Anova Mareas comparecen ante os medios na noite electoral das autonómicas do 12 J
Antón Gómez-Reino e os candidatos de Galicia En Común-Anova Mareas comparecen ante os medios na noite electoral das autonómicas do 12 J

A campaña foi un constante chamar ás portas de BNG e PsdeG por parte de Gómez-Reino para crear a coalición que puidera facerlle dano ao PP. Quizais esperaban os resultados para logo negociar, quizais. Ou quizais intuían algo como o que aconteceu este 12 de xullo de 2020.

Antón Gómez-Reino, Tone, o cabeza de lista elixido para a aventura partía como candidato “chegado de Madrid”. A súa carreira en Galicia tiña detrás unha profunda ferida interna logo das divisións e rupturas e tamén o cada vez máis discutido papel do seu referente no Estado, Pablo Iglesias, na vicepresidencia do Goberno central.

Apenas coñecidos os resultados case definitivos, Gómez-Reino asumía en “primeira persoa” o embarrancamento de Galicia En Común que non chegou ao 5% necesario para poder entrar no Parlamento. En ningunha provincia. En total uns 50.000 votos que non chegan nin ao 4%, moi lonxe daqueles máis de 270.000 que tiveran en 2016.

Os réditos de ter presenza no Goberno central, botando man das políticas sociais aprobadas nestes meses, ofrecendo diálogo ás outras forzas de esquerda e a presenza da ministra de Traballo, Yolanda Díaz, unha das caras mellor valoradas de Unidas Podemos, non foron abondo.

O pesimismo era tal na sede electoral en Santiago  que o cabeza de lista declinou responder preguntas. Sinalou a mágoa que lle dá “non poder colaborar para acabar co goberno do PP e de Alberto Núñez Feijóo”.  A Gómez-Reino pesaralle polo menos persoalmente, o que aconteceu o 12 de xullo de 2020 en Galicia. Politicamente pode que o seu futuro se decida en breve, pois xa apuntou unha “reflexión profunda” dentro da formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 FuManChu

Biquiños a todos. Bye Bye. En especial a Bernal Calvo delaCiga, eusi, e tantos outros....

1 Enrique Castro

Soberbia. Prepotencia. No escuchar. Pensar más en el sillón. Ostias a diestro y siniestro. ¿Cómo podían hablar de "unidad" cuando han demostrado en estos últimos 4 años sectarismo todos/as los que aparecen en esta fotografía? Un proyecto político ilusionante y transversal que se fue a tomar por saco, por culpa de estos de la fotografía que han hecho más de lo mismo. Política de la vieja. Rancia. Pobre. Querían cambiarlo todo, cuando ellos nunca quisieron cambiar nada. Márchense a sus casas y apliquen el dicho aquel de "jugar y perder...pagar y callar" Santiago de Compostela y Galicia...un lugar donde todo cambia para que todo siga igual que siempre.