Temas: IMAXE

Rhubaba Gallery & Studios (Edinburgh)

Inauguramos con este artigo, as colaboracións de Ana González no GC Tendencias onde nos fala de galerías e cidades por descubrir.

Por GC Tendencias | Edimburgo | 17/02/2013 | Actualizada ás 13:06

Comparte esta noticia

Non podo falar de Edimburgo sen falar de min, de como cheguei aquí fai case dous anos, e de como a cidade hipnotiza nada máis baixar do autobús. Desde Princess Street a silueta do castelo é perfecta, e a Royal Mile álzase como unha falsa fachada de carton pedra que non nos acabamos de crer. As primeiras fotos de todo recén chegado son enfermizamente iguais: Calton Hill, Princess, Arthur’s Seat e un volcán que xa non é nin volcán. Ás semanas, a postal empeza a ser aburrida para algúns de nós e Edimburgo, de súpeto, vóltase todavía máis gris. A nube durou meses e metéuseme dentro. Demasiado conto de fadas, e non me gustan, porque sei que non existen.

Ana González
Ana González

Pero mudeime a Leith, o barrio de Trainspotting, o que aparece nas guías por ser considerado perigoso. Nin caso... en Leith hai yonkis, pero a un amigo meu, que é todo despiste, un deles parouno para devolvelle o billete de dez libras que se lle caera do bolsillo. En Leith non hai gaitas, tendas de cashmere nin kilts colgados dos escaparates, nin falla que fan. En Leith viven edimburgueses, pero tamén polacos e indios que enchen as calles de restaurantes e, por algún motivo que se me escapa, tamén de perruquerías. E esta avenida, na que me esquecía de que estaba en Edimburgo (aínda que quizáis estivese máis en Edimburgo que nunca) un día saíu no xornal e a chamaron “o novo Camden”. As comparacións son odiosas, de sempre, e aínda que a Leith lle faltan cores e pompas de xabrón, non ían tan descamiñados. Hai vida, e gañas, e fábricas abandonadas, desas que Lara Almarcegui chamaría “espazos de posibilidades” e un circuito de galerías que non ten nada que ver coas primeiras salas de exposición que atopas nas guías: as que descubres no primeiro recorrido e que acaban producíndote a mesma indiferencia que o castelo de conto.

Out of the Blue, The Corn Exchange Gallery, Superclub, Whitespace... Algunhas na avenida principal, pero a maioría en quellas; espazos a desmán cos que non tropezas no día a día, pero que empezan a facerse coñecidos, en parte, gracias ao Leith Late, un circuito artístico que se desenvolve nunha sóa tarde, locais habilitados para exposicións e eventos, desde galerías de arte ata perruquerías que por un día se converten en salas expositivas. Como aquelas tardes santiaguesas nas que coincidían cinco inauguracións, Leith énchese de xente seguindo un extraño mapa trazado só para algúns.

E aquí foi onde descubrín Rhubaba, sala de exposicións que alberga ata 15 estudios para artistas. A idea xurdiu en 2009, cando un grupo de estudiantes recén licenciados sentiron a vertixe posterior á licenciatura, ese “que vai ser de nós” do que nin aquí se libran. Nun principio eran 10 graduados na Edinburgh School of Art. Visións similares e gañas de seguir traballando xuntos, cada un no seu proxecto, pero nun ambiente que lles permitise compartir experiencias, opinións e algunha que outra cervexa. Durante o primeiro ano os espacios eran temporais, un garaxe ás aforas, ou unha antiga tenda de fotocopias en Cowgate. Ao igual que A Chocolatería do Preguntoiro conservou a antiga maquinaria ao convertirse en galería, Rhubaba fixo unha homenaxe á alma do local. As paredes, cunha exposición de Ed Atkins, cubríronse cun guión cinematográfico fotocopiado. A galería non ten que ser nunca máis un espazo neutro rodeado de muros brancos. A arte non frota no vacío senón que tamén pertence a este mundo. Recolle ecos do pasado e deixará as súas propias marcas nas paredes.

No 2010 Rhubaba conseguiu un espazo permanente. Un local en Leith, dous pisos nos que ás veces entra auga cando chove, na que o sistema eléctrico non é perfecto, pero que ten luz, e gañas de ser recorrido. A sala principal, para exposicións, e o resto, dividido en obradoiros, un baño e unha pequena saliña. Traballei un par de días de voluntaria, non fixen moito, pero xa pasei tempo nas salas, xa me colei nos obradoiros e algúns xa me contaron os seus proxectos. Peter Amoore (http://peteramoore.com/ ) no piso de arriba fotografaba cables que recorren o seu estudio, e os debuxaba, demostrando unha vez máis que ás vaces o cotián, só con aislalo e cambiar a mirada, pode transformar o significado. Na outra habitación, Claire Davies (http://www.clairedavies.info/ ) pelexaba coa súa nova escultura, adornándoaa con pedras de cores, desas que venden para as peixeiras. E cando falta a inspiración ou é todo demasiado intenso, xúntanse na saliña e se visitan nos estudios, agóbianse e anímanse xuntos.

Castelo de Edimburgo
Castelo de Edimburgo

Outro modo de traballar, lonxe da trasnoitada idea do artista illado do mundo. Unha maneira de afrontar a crise, as rentas imposibles e ás galerías de branco impecable. E non puiden evitar lembrarme do Furancho (http://facperegrina.wordpress.com/ ), ese espacio xurdido a partir da revitalización dun contexto tan galego, esas casas que os nosos avós dan por derribadas despois da súa morte, pero por que non salvalas cambiándolles a función.

Moverse a espacios cunha vida previa, pero mantendo o séu carácter, alonxarse da idea clásica do museo. O Furancho e Rhubaba naceron da necesidade, pero estanse convertendo en elección, Preferímolo porque se alonxa da reverencia das salas máis clásicas, da idolatría ás obras de arte que colgan das paredes. Aqui entramos como na nosa casa, dicimos hola e sentímonos parte.

Crise como cambio no modo de actuación, como parta aberta a unha arte que xa non divinizamos, senón que preferimos anclar á realidade, ao diferentes mundos e as súas posibilidades.

www.rhubaba.org

Rhubaba está co-dirixido por Rachel Adams, Claire Davies, Catherine Payton, Frances Stacey e Tom Nolan. Plataforma para artistas locais e internacionais, para dar a oportunidade de crear en un ambiente discursivo. O siguiente paso, planificar debates entre os propios artistas.

A programación de Rhubaba incluiu individuais de Ed Atkins, James Clarkson e Hanna James, exposicións colectivas con traballos de Nathalie De-Briey, Patrick Graf, Alex Gross, Rebecca Kressley, Ewan Sinclair e proxectos en colaboración con David Dale Gallery and Studios, Glasgow, Central Reservation, Bristol, Duchy Gallery, Glasgow, Intercity Mainline, London, Lombard Method, Birmingham e Outpost Gallery, Norwich.

(Graciñas a Ángela Fernández Orviz e a Peter Amoore)

Leith
Leith
Leith Leith Leith
Leith Leith Leith
Temas: IMAXE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta