Rescatadas 3 persoas tras diversos accidentes en rutas de sendeirismo e espazos fluviais

Dous delas tiveron que ser trasladadas en helicóptero ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2020 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

O helicóptero 'Pesca 1' da Xunta participou na tarde do domingo na evacuación de tres persoas que sufriron diversos accidentes mentres realizaban sendeirismo e visitaban espazos fluviais habilitados para o baño en Galicia.

Segundo informou o 112 Galicia, por unha banda unha muller sufriu "lesións importantes" nunha perna despois de caer mentres realizaba unha ruta polo Río Barbanza, en Pazos de Borbén (Pontevedra).

Pasaban das 17,00 horas deste domingo cando unha compañeira do grupo no que se atopaba a ferida contactou co 112 Galicia para avisar do sucedido e indicou a dificultade para acceder ao lugar onde estaban, preto da desembocadura do caudal.

As condicións do terreo e o estado da ferida, que obrigaba a trasladala en padiola e co menor movemento posible, relatou o 112, fixo que os medios desistisen dunha evacuación por terra e valorásense outras opcións, como o traslado por vía aérea. Deste xeito, interviñeron os rescatadores do helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia que, finalmente, levaron á ferida ata o Hospital Álvaro Cunqueiro en Vigo.

Helicóptero Pesca 1
Helicóptero Pesca 1

PISCINAS NATURAIS DA POBRA

Ademais, o persoal do Servizo de Gardacostas sobre as 19,00 horas deste domingo recibiu outra chamada desde A Pobra do Caramiñal, onde outra muller caeu nas piscinas naturais e sufriu "lesións importantes", sinalaron as mesmas fontes, que tamén obrigaron á súa evacuación por vía aérea.

Como ocorrera en Pazos de Borbén, o estado da ferida e a dificultade para acceder motivaron a mobilización dos rescatadores do 'Pesca I', que despois de realizar o traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, acudiron á Pobra do Caramiñal para rescatar e evacuar á ferida a un centro hospitalario na comarca barbancesa.

TERCEIRO RESCATE

Mentres, sobre as 19,30 horas deste domingo unha terceira persoa que visitaba a fervenza da Freixa, no concello pontevedrés da Lama, sufriu outra caída e necesitou da axuda dos servizos de emerxencias para recibir asistencia e facilitar a súa evacuación cara a un centro médico.

Neste caso, realizárono medios humanos desprazados no lugar do accidente para alcanzar o obxectivo. Así, contou coa axuda de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Oitavén-Tea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 F.S.

Nós levamos agardando 465 días pola mesma proba para o noso fillo de 6 años. A xustificación que dan a este atraso é que a esta idade requiren de anestesia e no CHUS só as fan os mércores. Ademais, se hai nenos ingresados, teñen prioridade, co cal non avanza a lista de agarda. Así como noutro tipo de resonancias fan peonadas (ao meu home chamárono para facer unha de xeonllo un domingo do verán pasado, previo á cita electoral), nesta non porque terían que pagarlle a dous profesionais (o radiólogo e o anestesista). Mentras agardamos a proba tampouco nos dan cita co neurólogo, de tal xeito que se suspende o seguimento periódico do neno.

2 Don Pimpón

Nada que engadir. Desde a violación da Carta europea dos dereitos aos pacientes ata a política cínica do "bo xestor" cando "falsean os datos das listas de espera publicadas omitindo como pendentes aqueles que non temos fixada a data"
Menos mal que xa van quedando menos votantes populares porque malo será que coa idade e este servizo de saúde non vaian desaparecendo. Mentres tanto, desfruten do votado.

1 Dr Bacterio

Manobras orquestadas polo PP para que a xente acabe ido a Hospitais Privados a facer a resonancia, onde seguro que ademais lles atende un radiólogo do propio SERGAS

1 Silencio complice

Nin o dubides. Pero coa "comodidade" de que te citen de tarde. E que che cobren centos de euros en metálico. E o mellor é que quen lle paga consultas habitualmente ó pluriempleado, empótrase nos primeiros postos desa lista de agarda para facer a resonancia gratis no Sergas. Xamais se viu un TPV por esas consultas. Pero médic@s, enfermeir@s e ata auxiliares que traballan na privada son cómplices silenciosos. Estou agardando que os primeiros alcen a voz para denunciar compañeiros que o fan. E máis inspeccións de Hacienda e de Traballo neses lugares