Goberno e CCAA adoptarán medidas coordinadas en brotes que afecten a varias rexións

Tentarán poñern en marcha intervencións "rápidas, oportunas e eficaces".

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 13/07/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O Ministerio de Sanidade xunto ás comunidades autónomas, e no seo do pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), vai poder aprobar medidas coordinadas de saúde pública ante rebrotes que afecten a varias rexións.

Estas medidas, ademais, van ser de obrigado cumprimento nas comunidades autónomas onde se establezan, como así se desprende do 'Plan resposta temperá nun escenario de control da pandemiapor COVID-19', que este luns foi presentado ao CISNS e espérase que poida ser aprobado este xoves nunha nova reunión do organismo no que están representadas as comunidades autónomas e o departamento que dirixe Salvador Illa.

O obxectivo do plan é reducir o impacto da pandemia polo novo coronavirus mediante o fortalecemento de intervencións "rápidas, oportunas e eficaces" e, ao mesmo tempo, preparar as capacidades de España fronte a un incremento da transmisión que, chegado o caso, poida derivar nunha segunda onda de transmisión.

O Ministro de Sanidade, Salvador Illa
O Ministro de Sanidade, Salvador Illa | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta