Localizado en bo estado un octoxenario desaparecido desde a tarde do luns en Valdoviño

Foi un familiar quen o localizou sobre as 09.00 horas deste martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

Un home duns 80 anos desaparecido desde a tarde deste luns foi localizado na mañá deste martes en bo estado despois de pasar a noite á intemperie en Valdoviño.

Segundo informou o 112 Galicia, a familia buscábao desde as 18,00 horas deste luns, momento no que se decataron da súa falta. Así o explicaron ao persoal do servizo de emerxencias cando, pasada a medianoite, chamaron para solicitar axuda para localizar a un octoxenario con domicilio no lugar de Aviño, en Valdoviño, que saíra a dar o habitual paseo pola zona e non volvera a casa.

Por parte do 112 Galicia, pediuse a colaboración da Garda Civil e tamén dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Con todo, co avance da madrugada, fóronse unindo outros equipos de rescate, como os membros do GES de Mugardos e tamén o Servizo de Cans de Galicia cun guía e dous exemplares.

E estaba prevista a saída do grupo técnico da Axencia Galega de Emerxencias cos drones pero, sobre as 9,00 horas deste martes, un familiar do desaparecido atopouno nun camiño en bo estado, a pesar de pasar a noite fóra de casa. No entanto, a través do 112 Galicia, pediuse a colaboración de persoal sanitario para someter ao octoxenario a un recoñecemento médico.

Dispositivo de búsqueda de Salvamento en A Coruña
Dispositivo de búsqueda de Salvamento en A Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta