Primeiras consecuencias do desastre de Galicia en Común: Martiño Noriega abandona a política institucional

O exalcalde Martiño Noriega deixa a súa acta no Concello de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

O exalcalde santiagués Martiño Noriega abandona a súa acta de concelleira no Concello de Santiago, onde exerce como portavoz de Compostela Aberta desde hai un ano tras a perda do goberno da capital galega nas eleccións municipais de maio de 2019. Faino dous días despois do desastre de Galicia en Común-Anova-Mareas, que non conseguiu ningún parlamentario nas eleccións do 12X, uns comicios nos que o propio Martiño ía de número tres na lista da Coruña.

A decisión, avanzada pola Cadea Ser e confirmada a Europa Press por fontes de Compostela Aberta, será feita pública este martes nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi na que Noriega estará acompañado polo concelleiro Rafael Pena, que tamén abandona a súa acta como edil.

Con todo, o tamén exrexidor de Teo xa anunciara a súa intención de abandonar as súas responsabilidades municipais a finais do pasado ano, aínda que prolongou a súa estancia no concello ata este verán, unha responsabilidade que, desde a crise do Covid-19, compaxina co seu traballo como médico en atención primaria.

Noriega iniciou a súa carreira no BNG, formación pola que foi electo en 2007 e 2011 como alcalde de Teo. Abandonou o Bloque en 2012 para, seguindo os pasos do seu mentor político Xosé Manuel Beiras, fundar Anova, organización na que ocupa cargos directivos.

En 2015 encabezou a candidatura muncipalista Compostela Aberta, que venceu nas eleccións locais e levantou a Noriega á Alcaldía de Santiago, posto que abandonou na primavera de 2019 para ceder o bastón de mando ao socialista Xosé Sánchez Bugallo despois de que a marea perdese a metade dos apoios logrados catro anos atrás.

Martiño Noriega, dirixente de Anova, e candidato número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común-Anova Mareas. EUROPA PRESS - Arquivo
Martiño Noriega, dirixente de Anova, e candidato número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común-Anova Mareas. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

1 Kantinflas

Un problema menos