Arranca o puntogal.org

O Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acolle o vindeiro sábado, día 10 de xaneiro, a Asemblea Constituínte da Asociación PuntoGal.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/06/2006 | Actualizada ás 16:30

Comparte esta noticia

A Promotora do PuntoGal, unha vez rematados os traballos previos necesarios para a posta en marcha da asociación, acordou convocar a asemblea constituínte o 10 de xuño, de tal maneira que nos meses de verán se poidan desenvolver as accións máis urxentes con vistas a presentar diante da ICANN a candidatura do dominio .gal.

Esta entidade convoca a xuntanza en primeira convocatoria ás 10.30 horas, ás 11.00 horas en segunda. Na orde do día figuran como puntos máis importantes a aprobación dos Estatutos, a elección da Xunta Directiva e a presentación das súas propostas de traballo para os vindeiros meses.

A convocatoria será de carácter aberto. As entidades convocantes consideran que a nova entidade debe ser plural e amplamente representativa das sensibilidades do país. Unha vez máis, é preciso lembrar que a única maneira de conseguir o obxectivo da asociación será coa suma de vontades e esforzos.

As persoas que participen na asemblea deberán facelo en representación de entidades legalmente constituídas e terán que presentar no acceso da sala a carta de adhesión asinada polo órgano directivo correspondente. A carta pode descargarse en www.puntogal.org/cartaadhesion.

A presentación de enmendas ós estatutos, que se poden consultar na páxina www.puntogal.org/estatutos, finaliza o día 8 de xuño. Enviaranse ó enderezo electrónico prensa@puntogal.org ou á Rúa Tabernas, 11, da Coruña co encabezamento "Asemblea PuntoGal".

A Xunta Directiva estará composta por presidencia, vicepresidencia, secretaría, tesourería e un mínimo de tres vogais. As propostas de candidaturas remitiranse ó enderezo anteriormente citado.

A Promotora PuntoGal puxo xa en funcionamento a web oficial de iniciativa, que se pode consultar na súa primeira versión en www.puntogal.org. Na páxina están dispoñibles a proposta de estatutos, a carta de adhesión, así como unha explicación xeral da iniciativa. A web servirá como vía de comunicación das iniciativas e traballos en curso, ademais de ser o lugar onde se colocarán as noticias que se vaian producindo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 xdb

Querido Uno, o problema non é de forma, senón de fondo. Por propia experiencia sei que noutros foros filtranse as mensaxes e non se publican as que só din parvadas. Por iso, se os administradores deste sitio decidiron publicar calquera cousa que se lle ocorra ao que este ao outro lado do ordenador, mesmo se é unha incitación á censura, como no teu caso, pois é unha decisión tan válida como calquera outra. Se hai que introducir elementos de censura a min pareceme máis intelixente censurar contidos que grafías, co paradoxo de que ao mellor eras ti o que non podería dicir tantas bobadas, ainda que as escribas en español.

1 uno

PARA LA ADMINISTRACIÓN DE ESTE FORO:

Por propia experiencia, sé que en sitios parecidos de Inglaterra, Francia o Estados Unidos, es imprescindible el uso de las lenguas propias. Es un requisito necesario, pues eres expulsado si no se cumple.
Aquí tenemos dos idiomas oficiales, el gallego y el castellano, que son los utilizados en este foro. Pero algunos emplean otra lengua, creo que es el portugués, pero no estoy seguro... Solicito que se aplique una medida semejante que en los demás países, y que no se publiquen mensajes en lenguas diferentes a las nuestras.
Si la medida parece un poco dura, pueden empezar por no tolerar que dos personas se comuniquen en idiomas distintos al gallego y al castellano. En todo caso, recuerden que hace años el escritor Manuel Rivas ya defendió que los escritos en gallego lusista no podían recibir ningún tipo de ayudas. Hoy hago mías sus palabras... Gracias por todo.
Atentamente