CESM acusa á Xunta de discriminación aos profesionais médicos por non aplicar o complemento específico

O sindicato médico engade que "atentan, a conciencia, contra un principio fundamental que debe ser respectado e quedar patente en toda relación laboral", como é, concluíu, "a igual traballo, igual remuneración".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/07/2020 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) esixe á Xunta que "estenda de forma inmediata" o complemento específico "a todos os facultativos" para "acabar coa inxusta discriminación" que, ao seu xuízo, "sofre un importante número de profesionais que no seu día se viu obrigado a renunciar a esta remuneración, polo feito de compatibilizar a actividade médica no ámbito público e no privado".

Este sindicato médico expón que co recente anuncio da Comunidade de Andalucía, respecto da extensión inmediata do complemento específico a todos os facultativos, "Galicia é das últimas comunidades autónomas de España nas que aínda se sofre este agravio".

Por iso, CESM Galicia considera que "a Xunta, a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde, de non proceder a emendar esta discriminación, vulneran gravemente o dereito á equidade -como o veñen facendo durante décadas-", ao, matiza, "manter un agravio comparativo e unha importante discriminación salarial cara a un grupo de profesionais que desenvolven análogo traballo, coa mesma dedicación e responsabilidade que os seus compañeiros".

E engade que "atentan, a conciencia, contra un principio fundamental que debe ser respectado e quedar patente en toda relación laboral", como é, concluíu, "a igual traballo, igual remuneración".

Concentración en centro de saúde Alfahuir. CESMCV-SAE - Arquivo
Concentración en centro de saúde Alfahuir. CESMCV-SAE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta