Delegados da CIG-Ensino concentranse diante da Consellería de Política Social e esixen respostas á conselleira Fabiola García.
  comenta   0
Néstor Rego reclama valentía ás forzas políticas e defende que o obxectivo é avanzar cara ás 32 horas semanais en catro días.
  comenta   0
O desembolso para sufragar os gastos da volta ao cole sobe un 48 % nun ano e case se duplica respecto ao 2019, mentres os salarios case non avanzan.
  comenta   1
Os datos do desemprego e ocupación en Galicia non eran “malos” para algúns sindicatos, mais as diferenza salarial e contractual entre homes e mulleres sinala que o país segue tendo a igualdade como materia pendente. Así, se o número de homes contratados en xullo de 2025 superaba os 900 o número de mulleres era tres veces inferior
  comenta   0
O salario medio bruto mensual en Galicia sitúase en 2.122,7 euros (2.279,7 euros no caso dos homes e 1.970,4 euros no caso das mulleres), 42,4 euros máis que ao peche de 2024
  comenta   0
As diferentes divisións entre os cargos, persoal e categorías na Xunta, en especial dentro do operativo contra o lume, necesitaría un mapa con moitas lendas para un neófito no tema. Ademais diso, a Relación de Postos de Traballo (RPT) da Xunta recolle dentro do persoal contraincendios figuras que na práctica non son recoñecidos como categorías laborais. Iso sucede con figuras como as brigadas helitransportadas e o seu recoñecemento
  comenta   0
Os mozos cobran 21% menos que a media e teñen unha taxa de paro do 20%, o dobre que o resto da poboación.
  comenta   0
O pasado ano, o custo laboral medio por persoa traballadora en Galicia representou o 90,3 % da media nacional, 1,2 puntos máis que en 2023. O 72,8 % do custo total galego destinouse a salarios --24.666 euros por persoa-- e o 24,7 % a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social --8.375 euros a nivel individual--.
  comenta   0
Co avance salarial do 2,4% rexistrado en 2023 encadéanse tres anos consecutivos de alzas despois das subidas de 2022
  comenta   0
A vicepresidenta reta a PP, Vox e Junts e asegura que a medida será aprobada no Congreso pese ás emendas de totalidade.
  comenta   0
A CIG-Administración denunciou que o Acordo Marco para unha Administración do s.XXI "non só profundou" nesa perda, senón que "tamén fracasou na súa implantación" ao non derrogar a lexislación que "impulso recortes"
  comenta   0
A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, expresou este xoves a súa confianza en que da Conferencia de Presidentes de mañá saia un acordo cos gobernos autonómicos en materia de vivenda.
  comenta   0
A proposta empresarial supón un 11,80 % de incremento nos tres anos de vixencia que propoñen, de tal maneira que en 2025 incrementaríase un 3,5 %, un 4,85 % en 2026 (un 2 % + 2,5 euros/por día completo traballado) e un 3,03 % en 2027 (2 % + 3,5 euros por día completo traballado).
  comenta   0
Un estudo cifra nun 27% a subida do aluguer no país nos últimos tres anos, o triplo que a alza de salarios.
  comenta   0
"Non imos consentir que se castigue a persoas traballadoras sen convenio e sen actualización de salarios, polo que daremos unha resposta contundente á decisión de boicotear a negociación", proclamaron desde a central sindical CIG.
Así se desprende da enquisa sobre vacantes en empresas galegas e o grao de utilización da capacidade produtiva da Comunidade publicada este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE)
  comenta   0
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, afirmou que "en España, desde os anos noventa ata hoxe, a produtividade incrementouse ao 53 % e os salarios só o fixeron ao 22 %.
  comenta   0
"Os bombeiros veñen aquí, porque se lles debe diñeiro, porque ademais así o di unha sentenza xudicial e neste pleno aprobouse unha modificación de crédito para pagarlles e se vostede non lles paga, non busque escusas", recriminou Luís Seara (BNG)
  comenta   0
Unha vez máis, UGT e Comisiones Obreras manifestaranse de forma conxunta, mentres que a CIG fará o propio por separado en diversas concentracións ao longo da Comunidade, coa da urbe olívica tamén como protagonista.
O BNG espera que o Goberno galego non realice anuncios que "despois quedan en nada" e que "non se cumpren". O PSdeG avisa a Rueda de que "se pensa que vai pasar o debate sen escoitar críticas" ante "16 anos de fracasos" está "moi equivocado".
  comenta   0
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) declarou nula a extinción contractual decretada por unha empresa respecto dunha traballadora por considerar que incorreu en discriminación por discapacidade, coas consecuencias inherentes de readmisión e abono dos salarios deixados de percibir.
Traballadoras de Sodexo, Samsic e Veolia, tres das principais empresas contratadas por Inditex que agrupan a ao redor dunhas 300 persoas, mobilizáronse diante da sede da multinacional en Arteixo
"O problema xurdiu en Lugo, ante a negativa de Tragsa a asumir o incremento salarial pactado no convenio, que supón unha subida do 2,65% para este ano" engadiu a CIG
  comenta   0
Sandra Amézaga, secretaria da asociación Mulleres Salgadas, lamenta que no sector do mar, como en moitos outros, "existe unha tendencia xeral: cando un traballo non está ben remunerado, é básico e custoso e require de moita man de obra, desempéñano mulleres; pero, cando xa se convirte nun oficio con recoñecemento social, con bos salarios e mellores condicións, empezan a entrar nel os homes, que rematan por apropiarse do mesmo e por exercer o liderado".
  comenta   0
Son 10 especialidades nas que se produce esta diferenza respecto dos docentes do extinto corpo de técnicos: cociña e pastelaría, estética, fabricación e instalación de carpintaría e moble, mantemento de vehículos, mecanizado e mantemento de máquinas, patronaxe e confección, barbaría, produción en artes gráficas, servizos de restauración e soldadura.
  comenta   0
A popular María Gueimonde, que accedou á cargo tras unha moción de censura, cobrará 59.000 euros.