Piden melloras salariais e laboraias para as matronas de Atención Primaria

CIG e Satse destacan a importancia deste colectivo no Día Internacional das Matronas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2025 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O sindicato CIG reclamou este luns, coincidindo co Día Internacional das Matronas, un novo sistema retributivo para este colectivo profesional que, segundo denuncian, teñen un modelo "do século pasado" e que "non se adapta á poboación que atenden". Segundo sinalou a central nacionalista, o sistema actual non ten en conta os factores correctores de dispersión, nin foi modificado a pesar do aumento na carteira de servizos que prestan.

Nese sentido, lembraron que as matronas de Atención Primaria "son as referentes en coidado materno-infantil, en saúde sexual e reprodutiva da muller en idade fértil, en prevención e detección de patoloxías xinecolóxicas ao longo de toda a súa vida e na atención á muller na menopausa".

CIG-Saúde denuncia que a situación das matronas é especialmente mala na área sanitaria da Coruña e, en menor medida, en Santiago, con salarios por baixo do resto de Galicia "pola aplicación dun coeficiente de dispersión inferior ao que se aplica nas outras áreas sanitarias".

Ante este "agravio", o sindicato esixiu á Consellería de Sanidade a negociación do sistema retributivo das matronas de Atención Primaria na Mesa Sectorial, xa que "urxe reparar estas desigualdades retributivas" en Galicia e negociar para todas estas profesionais "un sistema retributivo adecuado á prestación que se realiza".

GRAVE DÉFICIT

Por outra banda, o sindicato de Enfermaría SATSE denunciou un "grave déficit" de matronas en Atención Primaria, e sinalou que hai unha destas profesionais por cada 10.000 mulleres en España, de maneira que non se poden desenvolver todas as súas competencias en educación, prevención e promoción da saúde das mulleres ao longo de toda a súa vida.

Respecto diso, reclamaron ás administracións que aumenten o número de persoal e que garantan unha asistencia que optimice a preparación e o coñecemento destas profesionais "tras seis anos de formación".

Matrona atendendo un embarazo
Matrona atendendo un embarazo | Fonte: Remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta