Os funcionarios da Xunta terán unha subida do 0,5% da nómina en xullo

Será para compensar os efectos da inflación creada tras a guerra de Ucraína e de Gaza.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2025 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

A Xunta aplicará na nómina do mes de xullo a subida do 0,5% nos salarios dos empregados públicos para compensar os efectos da inflación tras a autorización do Goberno central. Diso informou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en rolda de prensa posterior ao Consello, cunha queixa pola demora de seis de meses do Goberno central a esta luz verde.

Os orzamentos galegos para o ano 2025 tiñan previsto este incremento, pero non podían ser efectivo ata que o habilitase o acordo do Consello de Ministros que finalmente se asinou o pasado martes. Estas actualizacións aplicaranse con efectos de 1 de xaneiro de 2024 e suporán un pago adicional de 393 euros no salario dos empregados públicos autonómicos correspondente aos anos 2024 e 2025.

A medida terá un custo de 53 millóns de euros para as arcas autonómicas. "A situación económica e social xerada polos conflitos de Ucraína e Oriente Próximo e a consecuente crise enerxética motivou un aumento do custo de vida polo impacto da inflación, o que provocou a posta en marcha de medidas para tentar paliar os efectos no poder adquisitivo dos empregados e empregadas públicos", explica o Goberno galego.

Edificio principal do edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta. XUNTA
Edificio principal do edificio administrativo de San Caetano, sede da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta