Profesores de sectores singulares de FP entregan ante a Xunta 1.140 firmas para esixir a equidade salarial

Son 10 especialidades nas que se produce esta diferenza respecto dos docentes do extinto corpo de técnicos: cociña e pastelaría, estética, fabricación e instalación de carpintaría e moble, mantemento de vehículos, mecanizado e mantemento de máquinas, patronaxe e confección, barbaría, produción en artes gráficas, servizos de restauración e soldadura.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2025 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

Un grupo de profesores de sectores singulares de Formación Profesional (FP) --aqueles sen equivalente universitario, como barbaría, carpintaría e moble ou mantemento de vehículos-- entregaron este martes 1.140 firmas na sede central da Xunta de Galicia, en San Caetano (Santiago), para esixir a equiparación salarial respecto dos docentes do extinto corpo de técnicos, que cobran 151,33 euros máis.

Coa extinción do Corpo de Profesores Técnicos de Formación Profesional (CPTFP) da última lei educativa (Lomloe), unha parte deles puidéronse integrar no grupo de Profesores Técnicos de Eduación Secundaria (PES) e pasar ao grupo A1 de emprego público. Entre os que non se integraron no PES debido a que as súas titulacións non teñen un equivalente universitario, existen docentes que antes pertencían ao corpo de técnicos a extinguir. A Xunta aprobou un complemento para compensarlles a diferenza salarial que supón a súa permanencia no subrugpo A2.

Con todo, os profesores de sectores singulares, que conseguiron praza despois da reforma educativa, non gozan deste 'plus' que reciben compañeiros das mesmas especialidades e que desempeñan "o mesmo traballo, co mesmo alumnado, horario e atribucións". Son 10 especialidades nas que se produce esta situación: cociña e pastelaría, estética, fabricación e instalación de carpintaría e moble, mantemento de vehículos, mecanizado e mantemento de máquinas, patronaxe e confección, barbaría, produción en artes gráficas, servizos de restauración e soldadura.

Nesta liña, demandan unha reunión co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, ou calquera representante do departamento habilitado para satisfacer esta demanda. "Entenden o problema, pero non vemos disposición a solucionalo", explicou este martes Jose Ángel Sánchez, profesor en IES A Paralaia de Moaña no sector do mecanizado, antes da entrega de firmas na Xunta. Esta é unha reivindicación que xa se levou desde os sindicatos ás mesas sectoriais de Educación: "Nun principio a xustificación que se daba era que era un corpo que non estaba do todo desenvolvido, ao vir do Ministerio, pero a Consellería ten as competencias transferidas e así quedou demostrado cando aos nosos compañeiros se lles deu este complemento".

Profesores de sectores singulares de Formación Profesional entregan 1.140 firmas na sede central da Xunta para esixir a equidade salarial, a 1 de abril de 2025
Profesores de sectores singulares de Formación Profesional entregan 1.140 firmas na sede central da Xunta para esixir a equidade salarial, a 1 de abril de 2025 | Fonte: Europa Press

En total, estiman que habería ao redor de 300 persoas afectadas por esta diferenza salarial, incluíndo as 80 prazas convocadas para este ano. Por outra banda, o número de firmas case cuatriplica o de xente á que concierne esta situación. "Estamos moi contentos e encantados cos compañeiros que temos porque persoas que non estaban nesta situación asinaron esta recollida", explica Sánchez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta