A alcaldesa da Coruña reclama que a Xunta garanta "estabilidade laboral" para os profesionais da sanidade pública

A alcaldesa da Coruña declarou que "para que unha sanidade pública sexa de calidade non só importa o ladrillo senón tamén importan os recursos persoais".

Por E.P. | A CORUÑA | 16/07/2020 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia



A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, reclama á Xunta "estabilidade laboral" para os profesionais sanitarios tras a pandemia do coronavirus e en relación ao proxecto do novo hospital. "Para que unha sanidade pública sexa de calidade non só importa o ladrillo senón tamén importan os recursos persoais e a estabilidade laboral dos seus traballadores", argumentou.

"Se saiamos a aplaudir ao oito da tarde todos os días aos nosos sanitarios, creo que tampouco debemos esquecernos do seu esforzo e da necesaria estabilidade laboral do sector", trasladou a rexedora coruñesa, en declaracións aos medios de comunicación.

Rei anunciou que o Concello segue "traballando" no convenio coa Xunta para a construción do novo hospital e lembrou que o primeiro borrador contiña "cargas excesivas" para as arcas municipais que foron "moduladas". "Espero que a Xunta sexa sensible", manifestou a alcaldesa, que espera asinar "canto antes" o acordo para impulsar o proxecto.

A alcaldesa, Inés Rei,. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa, Inés Rei,. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta