Foro Económico alerta dunha hecatombe económica cunha caída do 18,9% do PIB galego se hai outro confinamento

Un equipo de economistas, entre eles González Laxe, mantén a previsión de baixada entre o 8,5% e o 12,7% se non hai outro peche.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/07/2020 | Actualizada ás 16:41

Comparte esta noticia

O Foro Económico de Galicia non descarta que a caída do produto interior bruto (PIB) galego do 2020 sexa de ata o 18,9% se hai un novo confinamento derivado da pandemia do coronavirus. Iso si, aínda mantén as súas previsións iniciais publicadas en maio, que sitúan a baixada da economía entre o 8,5% e o 12,7%.

O Porto Exterior de Ferrol
O Porto Exterior de Ferrol | Fonte: Europa Press

A través dun documento, elaborado por un equipo de traballo integrado polos economistas José Francisco Armesto Pina, Santiago Lago Peñas, Patricio Sánchez Fernández e Fernando González Laxe --este último, expresidente socialista da Xunta--, esta entidade evidencia que "se mantén a incerteza sobre a dimensión" que terá o impacto da pandemia en Galicia.

En principio, este grupo articulado por Foro Económico aínda mantén a previsión dunha caída do PIB de entre o 8,5%, escenario máis optimista se hai un proceso de recuperación "relativamente rápido e fluído"; e do 12,7%, se os efectos "van máis aló do propio confinamento e da imposibilidade de traballar", de modo que o funcionamento da economía veríase tamén alterado no terceiro e cuarto trimestre do ano.

Con todo, os expertos aínda debuxan un terceiro escenario para pór en evidencia "o efecto demoledor que tería un segundo confinamento tras o verán" similar ao xa vivido. Así, a posibilidade de que o PIB se esborralle un 18,9% "non se debe dar por descartada" debido aos rebrotes do coronavirus que xa se producen ao longo de todo o Estado.

FACTORES "A PROL" DE GALICIA

Foro Económico tamén asegura que "todas as comunidades autónomas" veranse afectadas por unha contracción da economía "sen precedentes", aínda que isto dependerá de factores como "a estrutura produtiva" de cada territorio e dos "tempos nas fases da desescalada".

Neste sentido, o grupo de expertos sostén que "varios factores xogan a prol" de Galicia. En concreto, sinala que foi a primeira autonomía en saír do estado de alarma e en entrar na chamada 'nova normalidade', que ten "un maior peso da industria agroalimentaria" --a menos afectada pola COVID-19-- e que o seu sector turístico ten "unha menor relevancia" que a media española.

Tamén cabe ter en conta, segundo aborda Foro Económico, que a recuperación do sector da automoción en Galcia "está a ser máis rápida".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta