O profesor da USC Carlos Salgado, novo membro plenario do Comité europeo para futuros aceleradores do CERN

É profesor de Física Teórica da Universidade de Santiago de Compostela e director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2020 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O profesor de Física Teórica da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), Carlos A. Salgado, foi nomeado membro plenario do Comité europeo para futuros aceleradores do CERN.

Carlos Salgado
Carlos Salgado | Fonte: USC.

A USC explica que o obxectivo deste comité é asesorar ao CERN e a outras organizacións nacionais ou internacionais na planificación de instalacións europeas de física de partículas e o desenvolvemento dun programa de investigación adecuado ás necesidades da comunidade científica en Europa.

Ademais, desde 1966 promove a coordinación internacional e o equilibrio de instalacións, recursos e roles entre os laboratorios e institutos universitarios dedicados á física de altas enerxías.

Propostos polos seus países de orixe e nomeados polo EFCA, os membros do plenario deciden sobre todas as actividades do comité e a admisión de novos países e observadores, ademais de representar os intereses da comunidade de física de alta enerxía do seu país durante o seis anos que ocupan o cargo, entre outras funcións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta