Dan negativo os tres condutores de autobús e un afeccionado que tiveran contacto coa expedición do Fuenlabrada

Novas probas do Sergas confirman os seis positivos do clube.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 23/07/2020 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

As probas PCR ás que foron sometidas na Coruña catro persoas relacionados co brote do Club de Fútbol Fuenlabrada, pero que non tiñan vinculación co equipo, deron resultado negativo, segundo informaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

En concreto, foron sometidos a PCR tres condutores de autobús e un afeccionado que tiveron contacto cos positivos do Fuenlabrada e que xa estaban en illamento no seu domicilio, na Coruña. Realizóuselles o mércores a proba, cuxo resultado negativo se coñeceu a mañá deste xoves.

Ademais destas catro PCR, as autoridades sanitarias galegas realizaron estas mesmas probas a 46 persoas da delegación do club, que deron un resultado de seis positivos.

Con todo, a discrepancia entre os datos proporcionados polo laboratorio privado de Madrid --que falaba de oito positivos-- e os detectados polo Sergas, obrigou a repetir as probas mediante seroloxías, que ratificaron seis positivos na expedición do Fuenlabrada.

Ademais, derivado do traballo dos rastreadores ampliáronse os contactos vinculados a outras catro persoas sen nexo co club, os mencionados tres condutores de autobús e un afeccionado, que tamén gardan corentena. Pola súa banda, na Comunidade de Madrid tamén se realiza rastrexo aos contactos que viven na capital española.

Un traballador de seguridade camiña preto da porta do hotel NH Finisterre da Coruña onde os xogadores do CF Fuenlabrada permanecen confinados. M. Dylan - Europa Press
Un traballador de seguridade camiña preto da porta do hotel NH Finisterre da Coruña onde os xogadores do CF Fuenlabrada permanecen confinados. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta