O caso do ximnasio de Arteixo é xa o foco activo máis importante de Galicia ao sumar case 50 casos

Esta nova repunta de casos na área coruñesa ten a súa orixe nun porteiro de ocio nocturno de Oleiros e A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/08/2020 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O foco de COVID-19 relacionado cun ximnasio situado no núcleo de poboación de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, alcanza xa os 47 contaxiados, ao sumar oito positivos máis nas últimas horas, segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas). A orixe do brote sitúase nun usuario dese ximnasio que tamén traballa como porteiro dun pub de Santa Cruz, en Oleiros, local que foi pechado hai días.

No centro de adestramento situado en Meicende suspendéronse as clases, pero o rastrexo dos contactos realizado pola área Sanitaria da Coruña orixinou a detección destes novos casos, que xa están illados e en seguimento domiciliario.

Un dos positivos é o dun vixiante do centro cívico de Monte Alto, usuario tamén do ximnasio, así como traballador do matadoiro municipal da Coruña.

O seguimento dos contactos relacionados co brote rexistrado en Meicende e as súas ramificacións realizado pola área Sanitaria da Coruña supuxo a realización de 218 PCR só na xornada do domingo.

Con todo, as autoridades sanitarias consideran que segue habendo posibilidade de novos contaxios, polo que subliña que a Consellería de Sanidade "segue traballando co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación".

Este brote converteuse xa o segundo de maior importancia dos detectados en Galicia, só superado polo que obrigou a pechar os accesos á Mariña lucense, que chegou a provocar máis dun centenar de infectados por COVID-19.

Ximansio de Meicende, en Arteixo, un dos grandes focos de coronavirus en Galicia
Ximansio de Meicende, en Arteixo, un dos grandes focos de coronavirus en Galicia | Fonte: EP

ALCALDÍA DA CORUÑA

Pola súa banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, rexeitou que a situación sexa "alarmante" con respecto ao brote do ximnasio de Meicende. "Hai positivos pero non é unha situación que poida cualificarse de alarmante", defendeu ante os medios de comunicación, cualificando o traballo do Sergas de "impecable" no rastrexo dos contactos.

Ademais, a rexedora explicou que o centro cívico do barrio de Monte Alto fora reaberto esta mañá "en condicións de máxima seguridade" tras ser "desinfectado". Foi clausurado o pasado xoves tras o positivo dun dos vixiantes de seguridade, que era usuario do centro deportivo arteixán.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta