Animalistas piden a liberdade dun lobo atropelado hai cinco meses e levado a un centro de recuperación

O lobo foi atropelado na bisbarra de Santiago de Compostela o mes de febreiro e foi retireado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Asociación para a Conservación e o Estudio do Lobo Ibérico (ASCEL) pídelle á Xunta de Galicia que poñan en liberdade a un lobo que foi atropelado na contorna de Santiago de Compostela o pasado mes de febreiro. O animal foi retirado do medio natural e trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre (CRFS) da provincia da Coruña.

Lobos
Lobos | Fonte: Galipedia

Segundo indica ASCEL, "a retirada dun exemplar de lobo do medio natural é un suceso indesexable que degrada a viabilidade xenética xa depauperada da especie na península ibérica, dado o reducido tamaño de poboación efectiva, por tanto, esta retirada ten que estar plenamente xustificada."

No marco do Decreto 297/2008 que aproba o plan de xestión do lobo en Galicia, ASCEL pediulle á Xunta a elaboración urxente do protocolo de manexo de lobos para situacións análogas, co obxecto de que os exemplares sexan recuperados e postos en liberdade o máis pronto posible.

ASCEL enviou un escrito á Xunta de Galicia o pasado 29 de xullo solicitando información detallada sobre este suceso, como o manexo veterinario efectuado co exemplar de lobo, a xustificación do confinamento durante tantos meses no CRFS, e sobre todo, apelando a unha inmediata liberación, para maximizar as probabilidades de supervivencia dun exemplar que leva en catividade cincos meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta