Ferido un ciclista tras ser alcanzado por un turismo en Ribadavia

Segundo o 112, o ferido "perdeu a consciencia e apenas podía moverse".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/08/2020 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon na mañá deste venres a un ciclista que foi alcanzado por un vehículo na Quinza, no municipio de Ribadavia.

Segundo informou o 112 Galicia, como consecuencia do impacto, o ferido "perdeu a consciencia e apenas podía moverse". Así o indicaron as persoas particulares que ás 8,30 horas deste venres contactaron co servizo de emerxencias para alertar da situación.

As mesmas fontes indicaron que cara ao lugar xa se dirixía unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para ofrecer os primeiros coidados ao ciclista e evacualo a un centro hospitalario debido ás diversas contusións que presentaba.

Neste operativo tamén participaron os membros do GES da localidade, así como os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Atropelo a ciclista
Atropelo a ciclista

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta