O PP acusa o Goberno central de desatender as demandas sobre os trens a Galicia

O Partido Popular acusou denuncia tamén que non se contempla a volta do Tren Hotel desde Madrid e Barcelona a Vigo.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/08/2020 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O Partido Popular acusou ao Goberno central de desatender as súas demandas en relación ás "deficiencias" dos trens a Galicia e denunciou que non contempla a volta do Tren Hotel desde Madrid e Barcelona a Vigo.

Plataforma da estación de tren de Ourense.
Plataforma da estación de tren de Ourense.

O Grupo Parlamentario Popular lembrou que presentou a principios de xuño unha batería de preguntas ao Executivo estatal sobre as "deficiencias" rexistradas nos diferentes trens que realizan o servizo a Madrid, Barcelona e Bilbao desde as cidades galegas. Ademais, preguntou pola volta do tren hotel e pola "desaparición" do Intercity 252 de Galicia a Bilbao.

Nelas, segundo lembrou, as deputadas no Congreso pola Coruña Marta González, Tristana Moraleja e Valentína Martínez censuraban a utilización de material de segunda man e en "malas condicións" para prestar estes servizos a Galicia e mostraban a súa preocupación pola incorporación de transbordos en traxectos como o de Bilbao a Ourense e puñan de relevo a desigualdade existente entre Galicia e comunidades como Asturias e Cantabria.

Os populares denuncian que, na súa resposta, despois de "dous meses", o Executivo estatal contesta exclusivamente que "debido ás restricións de mobilidade polo COVID-19 suspendeuse o 80% das comunicacións ferroviarias de media e longa distancia, e que unha vez finalizado o estado de alarma, comezouse cunha progresiva recuperación dos servizos en función da demanda".

En canto ao tren hotel, o PP sinala que o Goberno considera que "nun escenario de prestación de servizos que esixe condicións de máxima seguridade sanitaria, ten unha complexidade específica, polo que para este produto haberá que analizar, ademais da demanda xa citada, as condicións específicas que presenta o feito de que leva uns servizos asociados, en tanto que hotel, que requiren unhas condicións de explotación específicas".

Ante iso, censuran que o Goberno "nin se expón a súa volta ao funcionamento, e tampouco responde por que a recuperación de parte das liñas en servizo antes do COVID-19 faise agora con transbordos que supoñen serias molestias aos viaxeiros, cunha especial desatención aos pasaxeiros entre Galicia e o País Vasco".

Á vista destas cuestións, o Grupo Parlamentario Popular avanzou que presentará unha iniciativa nos próximos días para instar o Executivo de Sánchez a que "como mínimo retome os trens e as frecuencias anteriores á pandemia" e "mellore a calidade do material utilizado nas conexións entre Galicia e o resto da península".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

Servizos en función da demanda... se non hai tren non pode haber demanda ! Sabedes que servizo temos se queremos ir en tren dende Vigo a Sarria ? De Vigo a Coruña (transbordo) e 4 horas 45' de traxecto por 25 € ! Se queres levar unha bicicleta terás que pagar 3€ e non tes garantía de poder regresar de Sarria a Vigo coa túa bicicleta (pois para saber se podes ter opción de levar a bici terás que confirmalo na estación de incio da viaxe, non hai posiblidade de pechar un billete de ida e volta!) Se queres viaxar de Vigo a Oporto entra na web de Renfe e verás que non hai maneira de pillar un billete (nin siquera te informan dos horarios) terás que baixar á estación e pillar o billete se existe ? Este é o Servizo de Renfe ofrece en Galicia !!!

1 anonimo

De Vigo a Sarria non hai tren directo. De Vigo a Porto están suprimidos os trens.En Galicia hai un servicio francamente bo de Coruña a Vigo ( unha hora e quince minutos no mellor tempo) pero noutras liñas o servicio é escaso.

2 anonimo

Este domingo volvese a poñer o tren de Vigo a Porto, o chamado tren Celta, que ( ainda que non sexa políticamente correcto dicilo ) e moito mais cómodo ( e seica mais barato) que o bus. Por certo, na estación de buses de Valença do Minho o bus para Vigo non colle viaxeiros se antes non teñen collido o billete en internet. Coma sempre, moito mellor o tren, mesmo os dos comboios de Portugal, bastante ben organizados.