Sedados ata a morte e cambios en historiais clínicos, algunhas prácticas en residencias galegas con mortos Covid

Sanitarios que traballaron en DomusVi denuncian a utilización de morfina e diazepam ata a morte dos maiores. Nalgúns casos chegouse a cambiar o historial clínico. “O que pos podenos traer problemas”, era a contestación.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 10/08/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Sedáronse a moitos pacientes e moitos pacientes morreron con sedación cando supostamente están nunha residencia. Utilizabase morfina, diazepam para sedalos”. Así lembra unha profesional sanitaria o seu paso por unha residencia de DomusVi en Galicia. Fala con dureza do que viviu durante os meses máis complicados da pandemia nunha das residencias desta empresa: historiais clínicos modificados, pacientes que non derivaban aos hospitais e o 061 que asinaba partes de defunción sen entrar nas residencias.

Non quere dar o seu nome por temor a represalias pero lembra, perfectamente, as duras condicións de traballo que tiveron que soportar tanto eles, como os usuarios, especialmente, estes. De feito, médicos, como enfermeiros e auxiliares que estiveron traballando duramente durante os momentos máis duros acabaron renunciando ao tempo que denuncian as malas condicións laborais e promesas incumpridas, entre elas, a famosa paga de 500 euros prometida por esta empresa e que algúns non chegaron a cobrar.

Atendimos pacientes e moitos foron sedados e non lle deron oportunidade de ir ao hospital. A directora –do centro-- dicía que non era bo porque xa había médico internista, pero o médico internista só está ata as 15.00 horas e durante a fin de semana non traballa”, apunta en declaracións a Galicia Confidencial. -"Eu penso que o paciente ten Covid", diciamos nós e a resposta era: "pois se ten xa non se pode facer nada".

MANIPULACIÓN DE HISTORIAIS CLÍNICOS

Esta profesional tamén confirma que se lles obrigaba a cambiar os historiais clínicos. “Nós nos partes médicos puñamos o que criamos que tiña o paciente. Por exemplo: paciente que non come, caquéctico (persoas que están nun estado de inmobilidade causada pola anorexia, a astenia ou a anemia).  E a min, polo menos unha vez o internista díxome que tiña que borrar o escrito. E eu díxenlle por que tiña que facer iso e a súa resposta foi que iso nos podía meter en problemas. A min fíxome borrar iso, pero, polo menos eu gardei unha foto a iso que eu escribira", destaca a profesional.

Ademais de borrar cousas do historial clínico, outra das prácticas da direccións destes centros era evitar que os familiares visitaran aos seus maiores. "Era sempre un non rotundo", lembra. Ademais, destaca que a maioría de avós se queixaba das comidas, e que querían ver aos seus familiares. "Hai maiores que tiñan demencia e que agora teñen máis demencia", indica. "O que lles interesa é só o diñeiro", lamenta. “Se foran os meus pais nunca os deixaría aí".

MORTES SEN MÉDICO

Ademais, nalgunha destas residencias, e sempre segundo esta profesional, producíronse mortes de anciáns de noite, cando non había ningún médico do propio centro para certificar a defunción.  “Cando morría de noite chamaban ao 061 e ao mellor estaban ocupados e tocaba esperar moito tempo. Durante ese tempo, o paciente morto permanecía no seu cuarto. E, en moitas ocasións, os profesionais que viñan do 061 nin sequera viñeron constatar o falecemento porque lles daba medo entrar na residencia pola Covid”, sinala.

Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario
Un infectado de coronavirus sendo trasladado en ambulancia ao hospital por persoal sanitario | Fonte: © Miguel Núñez

"Se a enfermeira lles dicía que era un exitus --terminoloxía médica para referirise a unha persoa falecida--, apuntaban os datos e deixaban os datos na porta. Nós mesmo chegamos a dicir que o paciente podía estar perfectamente vivo e os do 061 o daban por morto porque non entraban na residencia", engade.

Fontes consultadas por GC suliñan que os técnicos do 061 nin confirman, nin certifican os falecementos, que iso teñen que ser médicos. En todo caso, as mesmas fontes do ámbito sanitario aclaran que, durante a pandemia, poideron darse "malas praxes" moi puntuais, entre elas, que se confirmaran mortes en residencias sen ver ao paciente. En todo caso, insisten que o 061 non fai certificados de defunción, que iso lle correspondería aos médicos da propia residencia.

Tal é a impersonalidade da morte de moitos anciáns que eran tratados case como obxectos. Logo, os traballadores do centro baixaban ao falecido ao soto e alí era recollido pola funeraria para a súa posterior incinieración.  “Chegaba o coche da funeraria e xo levaba. As súas cousas persoais tamén se recollían para darllas á familia que viña a recollelas”, lembra.

TRATO AOS PROFESIONAIS

O trato recibido por moitos profesionais non era mellor que o dos usuarios. Así, lembra que tanto a directora como o médico internista do centro no que traballaba eran “mal educados” con auxiliares, enfermeiros e médicas. "Son abusadores. Hai que facer como eles din. Pensan máis por eles que polos avós. Ás veces, os maiores queixábanse de que non tiñan toallas e ela –a directora-- dicía que se queixan por todo e cando eu estaba había moitas toallas rotas... Eran tanta as queixas que os propios familiares tiñan que chamar".

Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores
Residencia de Anciáns DomusVI Aldán, en Cangos, onde hai varios falecidos por coronavirus entre os maiores | Fonte: Miguel Núñez
Familiares de residentes DomusVi Aldán piden xustiza e saber que pasou cos mortos durante a crise do coronavirus
Familiares de residentes DomusVi Aldán piden xustiza e saber que pasou cos mortos durante a crise do coronavirus | Fonte: c Miguel Núñez
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 Antinostrus

Vexo..como professional sanitario..abondas inexactitudes no que se di no artigo..suponho que secuelas de lle facer caso a primeira lingoreteira coa que nos atopamos....Non se fai Sedacion ate a Morte...fai-se Sedacion (segundo un protocolo moi concreto e estricto) na Agunia..de esta resultar moi sufrida para o doente...non se pretende alongar a vida senon axudar a un "bon morrer"...Non e preciso ter un Medico ao lado no intre xusto de morrer..si antes ev para implementar a susodita sedacion, den ser o caso e tras a avaliacion da situacion...E Imposibel cumprimentar un CMD en diferido ( nin chamando-te Cospedal) e o tal Certificado non o fan os Tecnicos do 061, senon in Medico "ad hoc"...e non sigo por que e de risa...que continue o superexperto "Gamela"...ou o unha neurona de Nostrus...

1 EuMesma

Si á persoa que escribiu, vostede a califica como "lingoreteira", eu non me querería atopar con vostede como profesional sanitario. Sí, a unha persoa sédase, cando xa non ten posibilidades de vivir e axudarlle a morrer sin dor. Que pasou todo iso nesas residencias é certo, porque os familiares presentaron unha demanda colectiva, representados por un recoñecido xurista e foi admitida a trámite.

2 Gamela

Superexperto en nada ! Só digo que se estes datos son certos deberan estar depositados no xulgado correspondente (e como dín arriba, hai demandas de familiares que se están a tramitar... ) En canto a morrer ou non morrer xa me gustaría que tivesemos aprobada unha boa lei de EUTANASIA voluntaria (pero eso de matar á xente sen atendela é moi feo !)

3 Ana

Non me da medo o "virus", dame medo o dormida que esta a xente. ¿Donde estan as autopsias?. ¿Donde esta o "comite de expertos"?. ¿Donde estan as probas cientificas de que existe o "virus"?. ¿Poden asegurar que os test identifican o virus e non dan falsos positivos?. ¿Pq no pais dos bozales hai rebrotes e no norte de Europa que non o levan non?. ¿Dende cando se lle obriga a personas sanas a levar mascarillas e se lles confina por ser "asintomaticos"?. Arruinar a economia, vacunarnos e control social; de iso vai esta farsa. Seguro que a alemans e serbios non os confinan pq xa sairon a rua a protestar, mais aqui seguira a paranoia pq xa saben que a poboacion cree todo e son sumisos.

1 anonimo

O discurso negacionista de Ana ( O covid non existe, os 700.000 mortos son pura casualidade) está na liña de Trump e Bolsonaro; é todo unha " farsa" para controlar a xente. E coma é algo paranoico, non lle valen os razoamentos. Para Ana, o Covid non existe, e punto, Xa llo poden dicir en grego, que é igual: mola moito mais o rollo conspiranoide, xa que logo, o covid non existe. En USA a xente pediu " libertade" para non confinarse, e xa que logo levan 160.000 mortos.

2 marcossss

Pobreciño anónimo: 1º- o Covid é a suposta enfermidade. 2º- o SARSCOV2 é o suposto virus. 3º- Tes o largo dos anos muitos meses con 30 mortos no estado español, xamais falachedes dun virus, pq como todo o mundo sabe morren 15000 por gripe, 25mil por problemas cardiovasculares....etc etc. 4º- Tes a mais remota idea de qué son os PRINCIPIOS DE COCK?? 5º- Que morras non significa que fora o suposto virus. MINTES O DECIR QUE TRUMP E BOLSONORA digan que é unha farsa pra controlar a xente: ISO O DICIMO NOS. ELES, COMO TODO O MUNDO VIU , REZAN E CLAMAN POR UNHA VACUNA , ASÍ QUE O TEU ARGUMENTO É FALSO COMO A SUA SUPOSTA ESQUERDA. A dereita capitalista son igualiños ca vos, A ESQUERDA CAPITALISTA; AUTENTICOS PSICÓPATAS CRIMINAIS DA CIENCIA DE TV. TODOS ESTADES XUNTIÑOS NESTO: " VACUNA , VACUNA ,VIRUS VIRUS, NON VOS XUNTEDES CON XENTE, E CANDO NON TEÑAS PRA COMER NON LLE BOTES A CULPA O GOBERNO OU O SISTEMA, FOI O VIRUS".

2 Bismutiño

Responsable: un vicepresidente del gobierno que vive en una masión custodiada por 50 guardias civiles que decía que los escraches eran jarabe democrático hasta que empezaron a hacérselos a él.

1 Sentidiño

Si, as DomusVi galegas son competencia de Podemos, como todo o mundo sabe. E os gardas civís están alí porque hai xente violenta cada día diante da casa, non porque sexan a escolta do vicepresidente. Cando marchen os naz is marcha a guardia civil...

1 Gamela

Non sei como esta muller non está nun xulgado denunciando estes comportamentos ? O medo garda a viña... pero haberá avogados dispostos a facer vales esta testemuña ? Ou tampouco temos ninguén que nos defenda ?

1 Ana

EU denuncien A Xunta de Galicia no ano 2018, con fotografías e un gran relato dos fritos ocurridos coa niña nai ninja residencia Domusvi, esquela Geriatría e a realista da Cuenta foi: que comprobaron que todo estaba bien.