Asturias impulsa o galego-asturiano

A Radio Televisión do Principado pon en marcha unha convocatoria de proxectos de produción para promocionar o asturiano e o galego-asturiano.

Por Galicia Confidencial | | 10/08/2020 | Actualizada ás 20:31

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Turismo, a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, xunto con Radio Televisión do Principado ( RTPA), puxo en marcha unha convocatoria de proxectos de produción para promocionar o asturiano e o galego-asturiano.

Praia de Luanco, en Gozón (Asturias).
Praia de Luanco, en Gozón (Asturias).

A convocatoria quere ser, segundo sinalaron desde o Principado, un estímulo ao sector cultural despois do impacto da crise sanitaria

Esta medida, de carácter extraordinario, ten como obxectivo a creación de obras audiovisuais de temática libre que poñan en valor a cultura asturiana nos seus máis variados aspectos.

Con este propósito, á convocatoria poderán presentarse traballos de calquera xénero relacionados coa música, as artes escénicas e plásticas, a literatura, o cinema, o patrimonio cultural e etnográfico, a historia ou calquera outra disciplina, encamiñados tanto a público infantil como adulto, para a súa emisión en radio ou televisor.

Os proxectos, que deben estar acabados e entregados antes do 31 de novembro, poden ser documentais, musicais, programas de entretemento ou concursos, tanto televisivos como radiofónicos.

Ademais, terán que realizarse no territorio do Principado e usar como lingua o asturiano ou o galego-asturiano. No caso das obras para televisión, deben ser accesibles para persoas con discapacidade  auditiva e visual.

Deste xeito, o Principado pretende impulsar o sector audiovisual como parte da industria cultural asturiana e facilitar creación de sinerxias entre produtoras e creadores.

Esta convocatoria forma parte do paquete de medidas anunciadas en maio pola conselleira Berta  Piñán para apoiar ao sector cultural, que están deseñadas para minorar os efectos da crise provocada pola covid-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta