A repatriación do galego falecido en Francia non se poderá facer ata que o autoricen Policía e Fiscalía

Especúlase que puido morrer tras ser agredido nun roubo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/08/2020 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A repatriación do corpo do veciño de Carnota (A Coruña) falecido tras ser vítima supostamente dun atraco en Harfleur (Francia) non poderá realizarse ata que "haxa autorización por parte da Policía e da Fiscalía".

Comisaría francesa / Frédéric Bisson en Flickr https://www.flickr.com/photos/zigazou76/41484209844
Comisaría francesa / Frédéric Bisson en Flickr https://www.flickr.com/photos/zigazou76/41484209844

Fontes do Consulado Xeral de España en París explican que se manteñen "en contacto coa familia" e "estase esperando" a que exista esa autorización para que o corpo se traslade a terras galega.

As autoridades francesas investigan a morte violenta deste mozo de 31 anos, que desapareceu na noite do 4 de agosto despois de participar ese día nun curso de formación con outros compañeiros.

O mozo levaba uns meses empregado nunha empresa luxemburguesa de mantemento eólico e traballaba nesta zona da rexión da Alta Normandía.

A compañía chamou ao día seguinte a casa dos pais ao non aparecer no seu posto de traballo. O 7 de agosto localizouse un cadáver nun hospital, que foi recoñecido por un compañeiro como o do mozo carnotán. O seu falecemento produciuse no centro hospitalario na tarde do 6 de agosto.

Este veciño de Carnota presentaba diversos golpes na cara e apareceu sen carteira, sen teléfono móbil e sen documentación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta