O PSdeG reclama á Xunta coñecer o número de rastrexadores na comunidade

Tamén reclaman saber os criterios da súa contratación e demandan a toma de medidas de prevención, rastrexo e aumento de persoal de atención primaria na área da Coruña.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2020 | Actualizada ás 19:12

Comparte esta noticia

O voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe á Xunta coñecer de cantos rastrexadores dispón o Sergas en activo nestes momentos e cantos deles están asignados á area metropolitana da Coruña, a máis afectada agora mesmo polos rebrotes da Covid-19.

El socialista Julio Torrado
El socialista Julio Torrado

Seguindo o fío da contratación de rastrexadores, Julio Torrado demandou saber “cal foi o método de selección” deste persoal e quen está levando adiante a dirección do seu traballo. Do mesmo xeito, preguntou como se ten configurado a súa coordinación cos profesionais de atención primaria, á vista das queixas do persoal dos centros de saúde ao respecto.

O deputado socialista requiriu ao goberno galego que aclare se ten previsto incrementar o persoal de atención primaria dispoñible nestas datas estivais para facer fronte aos rebrotes de Coronavirus.

A Xunta ten que implicarse na solución dos problemas no canto de maquillar as cifras e de tentar endosar a responsabilidade aos concellos”, recalcou o parlamentario do PSdeG, ao tempo que urxiu á Xunta a aclarar que previsións manexa sobre o aumento dos casos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta