Rueda pide cambiar a 'Lei Montoro' e culpa a Abel Caballero de "romper o consenso" na FEMP

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2020 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda pediu ao Goberno do Estado que modifique a Lei de estabilidade orzamentaria, coñecida como 'Lei Montoro', para que os concellos poidan gastar os seus remanentes, e censurou ao presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e alcalde de Vigo, Abel Caballero, por provocar un "desencontro" entre os rexedores e "romper o consenso" neste organismo.

A FEMP aceptou a proposta do Ministerio de Facenda co único apoio do PSOE e o voto de calidade de Caballero, así como coa abstención do Grupo Municipalista Esquerda Unida-Podemos-Comuns. Este documento, rubricado a semana pasada por Caballero e Pedro Sánchez, establece unha achega de 5.000 millóns de euros para os concellos que presten os seus remanentes ao Goberno, que llos deberá devolver a partir de 2022 nun prazo de dez anos, aínda que a publicación no BOE apunta que este poderá dilatarse ata 2037.

A preguntas dos medios, Rueda defendeu a utilidade a utilidade da Lei Montoro "no seu momento" pero puntualizou que  "agora é un momento diferente" e que, do mesmo xeito que se están modificando outras leis "sen ningún problema" o Estado tamén debería facer o mesmo coa citada norma. "Non sabemos por que están a dicir que non se pode cambiar baixo ningún concepto e hai que recorrer a estas solucións cando cambiou outras normas do Goberno anterior do Partido Popular sen ningún problema e dun día para outro". "Aquí hai algo máis que non nos queren contar, está claro", engadiu.

Alfonso Rueda. Xunta de Galicia - Arquivo
Alfonso Rueda. Xunta de Galicia - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Está claro que o famoso voto de calidade de Abel só foi posible grazas á "abstención" dos Marqueses de Galapagar (que deus confunda) E o único que non queren dicir é o que xa dixo Nadia Calviño antes de marchar de vacacións... Que o Reino de España vaise endebedar por riba do 125% do seu PIB antes de Nadal (?) Non é tan dificil comprender porque andan a xogar cos cartos dun lado para outro... Coma os trileilos moven a bolita para collela mentras sigan na Moncloa ! https://twitter.com/00Gamela/status...