Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2020 | Actualizada ás 21:58
O anuncio de que a Fiscalía non levará adiante a denuncia contra Ana Pontón, Pere Aragonès e Teresa Rodríguez por inxurias á coroa significa a fin do proceso xudicial, pero non da polémica. Apenas minutos despois de que o Ministerio Fiscal fixese público que non investigaría ós políticos por considerar que a súas palabras se enmarcan na liberdade de expresión, usuarios de twitter de todo o estado reaccionaban en defensa da política nacionalista e o resto de acusados.
Non podía ser doutro xeito. A liberdade de expresión é sagrada!@anaponton
— RosaliaTV (@rosalia_tv) August 14, 2020
(E iso de insultos... Acaso o Rei Emérito non ten contas en paraísos fiscais? É iso ser patriota? Algún debe pensar que vivimos na época do No-Do) https://t.co/rHizl5NH7N
Non debería ser motivo de felicitación nun país normal, pero noraboa a @anaponton polo arquivo da querella por decir que todos os Borbóns son uns ladróns. Parece ser que a fiscalía tamén entende que Ana non está a mentir non?
— Brais Ote (@braisotero) August 14, 2020
A Fiscalia arquiva a denuncia contra @anaponton como dixen hai uns dias
— O @DassFigueiras (@DassFigueiras) August 14, 2020
Aínda quedan cabecinhas boas
Non hai que seguir coa retroalimentación que nos quere levar cara 1934
Ana Pontón y Pere Aragonès no serán juzgados y condenados por un delito más propio de la Edad Media que del S. XXI.
— Rubén Neira 🎗 (@Neira_gz) August 14, 2020
España, ¿ves como no es tan difícil?
Tamén houbo quen foi máis alá e pediu consecuencias para a asociación que cursou a denuncia, en mans do polémico comunicador Alfredo Urdaci.
O que tiñan era que impoñer costas por temeridade e mala fe á asociación de Urdaci. A Administración de Xustiza xa está colapsada dabondo para esquilmar máis recursos en chorradas sen fundamento! Parabéns merecidos a @anaponton @perearagones e a @TeresaRodr_ https://t.co/Dnw1K4ecR3
— María Álv (@MaraRlvarez1) August 14, 2020
Do outro lado da rede social, usuarios illados atacaron a decisión do Ministerio Fiscal, demandando máis man dura con Pontón, Aragonès e Rodríguez.
Genial! Ahora se va a poder insultar, difamar y calumniar libremente, viene bien para los de la caja de solidaridad, adelante chavales barra libre.
— Enrique décimoprimer (@enrikedecimopri) August 14, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.