Hostaleiros do centro da Coruña concéntranse contra o peche do lecer nocturno

"Queremos que nos deixen traballar", resumiu un dos seus representantes.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 14/08/2020 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Medio cento de hostaleiros do centro da Coruña concentráronse este venres na praza de María Pita contra o peche do lecer nocturno. "Queremos que nos deixen traballar", resumiu un dos seus representantes, Daniel Mosquera, alegando que son "os primeiros" que desexan "que isto saia ben".

Discoteca
Discoteca | Fonte: Europa Press.

A concentración tivo lugar antes de que o ministro de Sanidade, Salvador Illa, decretase o peche de establecementos de lecer nocturno en toda España, unha medida que xa estaba en vigor en nove concellos da Coruña polo brote detectado na área, e á que se opoñen os hostaleiros.

"As medidas están ben pero que nos deixen cumprilas e, para poder cumprilas a machada, temos que poder traballar", dixo o portavoz, que lembrou que os locais estiveron catro meses pechados e só un aberto. Por iso considera que a contía dos danos económicos "pode ser moita".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta