A Xunta deixa entrever que a reunión do comité clínico do vindeiro luns 22 dará pé, moi posiblemente, a un relaxamento das restricións máis severas. En particular, o Goberno galego abre a porta a levantar --iso si, de xeito gradual e por concellos-- tanto os peches perimetrais como o que opera sobre a hostalaría. As reunións con conviventes non formaron parte das alusións da Xunta.