Acusan a Medio Rural de pór en risco 40 millóns do PDR pola súa "desidia"

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia que unha serie de medidas no PDR que considera "fundamentais para o desenvolvemento rural e que, despois dun lustro, seguen practicamente sen executar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2020 | Actualizada ás 19:55

Comparte esta noticia

O Sindicato Labrego Galego (SLG) denuncia que "a desidia" da Consellería de Medio Rural pon en risco 40 millóns do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 correspondentes ao exercicio de 2019.

En concreto, alerta de que esta partida está destinada á loita contra o cambio climático, formación e comercialización do agro.

O Sindicato Labrego detecta unha serie de medidas no PDR que considera "fundamentais para o desenvolvemento rural e que, despois dun lustro, seguen practicamente sen executar".

"Estamos a falar de políticas esenciais para o agro como formación, intercambio de coñecementos, asesoramento, mercados de venda directa ou loita contra o cambio climático que, en conxunto, suman fondos que ascenden a preto de 40 millóns de euros que se poderían perder se non se xestionan debidamente", avisa.

Isabel Vilalba, Concha Docampo e Sonia Vidal, do Sindicato Labrego Galego. SINDICATO LABREGO GALEGO
Isabel Vilalba, Concha Docampo e Sonia Vidal, do Sindicato Labrego Galego. SINDICATO LABREGO GALEGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta