As bandeiras vermellas multiplícanse nas praias galegas en setembro por mor dun fenómeno atrasado que combina borrascas, cambio climático e a perda de depredadores naturais. Así o explica a Galicia Confidencial Josep María Gili Sardá, investigador no Institut de Ciències del Mar (ICM-CSIC).
  comenta   0
Un estudo internacional confirmou que as noites calorosas relaciónanse cun aumento da mortalidade de ata o 3 % e que a calor nocturna ten un efecto independente das altas temperaturas diúrnas, polo que require medidas específicas de prevención.
  comenta   0
O presidente da Xunta insiste en que o urxente é atender aos afectados polos lumes antes de centrarse no pacto polo cambio climático proposto polo Goberno central.
  comenta   0
Ocupara dde forma defintivia o posto de subdirector xeral de Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
  comenta   0
Tal e como trasladou a Xunta nun comunicado, "despois de varias semanas de calor intensa e alta evaporación, os datos dos caudais que circulan polos ríos galegos están a ser baixos".
  comenta   0
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, modificou a listaxe de tecores onde está permitida a solta do faisán. Desta forma, engadiu o tecor A Ulloa, na provincia de Lugo, co que o total de lugares aumenta ata os 184.
O plan de xestión para a Costa de Dexo, en Oleiros, busca establecer usos e actividades permisibles, así como limitacións e medidas que se consideren necesarias para a conservación do espazo
  comenta   0
O informe 'Destrución custe o que custe' de Greenpeace pide cambios drásticos nas políticas ambientais para evitar acelerar o cambio climático.
  comenta   0
O océano está perdendo a súa capacidade de autorregular o clima. Un cambio profundo e silencioso que xa afecta á vida mariña e pon en risco a base económica e ecolóxica de rexións como Galicia. A ciencia alerta: non estamos ante un futuro distante, senón ante un presente que xa reborda os límites.
  comenta   0
Vivimos nun planeta inmenso pero fráxil, onde a clave do cambio climático non está na superficie senón a 2.000 metros de profundidade, nas augas máis escuras e frías que rodean a Antártida. Alí, unha reestruturación brutal da circulación oceánica profunda, impulsada polo derretemento do xeo e pola acción humana, está a alterar o ritmo do clima global a unha velocidade inédita, unha ameaza silenciosa e invisible que podería definir o futuro da Terra durante os próximos séculos.
  comenta   0
En Galicia, cultivar froita é un acto de resistencia diaria: fronte a un clima cada vez máis imprevisible, a presión do mercado e pragas que avanzan con forza, como o pulgón verde, o cincento ou o laníxero. Os fruticultores galegos fan un traballo invisíbel e vital, que vai moito máis alá de agardar a que a colleita chegue.
  comenta   0
O mesmo oomiceto que arrasou cultivos no século XIX, dando lugar á coñecida como 'fame negra' en Irlanda, continúa sendo unha das principais preocupacións no agro galego, impulsado agora polo cambio no patrón das choivas, as temperaturas mínimas máis altas e a aparición de resistencias ás materias activas dos funxicidas.
  comenta   0
As altas temperaturas, a presión urbanística e a falta de infraestruturas modernas favorecen a proliferación de pragas. En España xa falamos de tropicalización do clime e de enfermidades que antes só soaban nos trópicos. Jorge Galván, presidente da Asociación Nacional de Empresas de Sanidad Ambiental, reflexiona sobre as principais preocupacións a nivel de salubridade na actualidade.
  comenta   0
Na súa quenda, o socialista Julio Abalde apuntou igualmente á "realidade que o cambio climático vai producir", en alusión ao "cambio importante nas costas"
  comenta   0
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, celebra o ciclo 'Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida', que remata este xoves en Santiago.
  comenta   0
Tras a súa apertura, o 17 de maio, suma xa ese número de visitas. A edición deste ano presentouse baixo o lema "O cambio climático: unha oportunidade para o xardín" e as súas portas estarán abertas ata o 31 de outubro.
  comenta   0
A calor extrema situouse como a principal causa de mortalidade asociada ao cambio climático nos últimos tres anos, producindo 4.813 mortes en 2022; 3.009 en 2023; e 2.012 en 2024.
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, lembrou que as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) reducíronse en Galicia en 2023 nun 61,7 % con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas climáticas.
  comenta   0
"Moitos artigos da nosa prensa especializada falan de que no ano 2050 a metade da poboación con hábitos de vida occidentalizados vai ter un problema alérxico, é dicir, fálase dunha epidemia non infecciosa", indican dende a Sociedade Española de Inmunología Clínica Alergología e Asma Pediátrica (SEICAP).
  comenta   0
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental polo que se fai público o informe.
  comenta   0
Algo máis de 4 de cada 100 metros da costa galega son vulnerables á forza do mar, expostos a fondos procesos de erosión como consecuencia dos temporais mariños, cada vez máis agresivos. Así o determina un estudo realizado polos investigadores da USC Alejandro Gómez-Pazo e Augusto Pérez Alberti.
  comenta   0
"Estamos nun escenario de cambio climático acelerado e, por suposto, de cambio na dinámica mariña, e que iso non se teña en conta para nada na nova lei paréceme moi grave; non se pode planificar un territorio coma se fose un escenario estático, debería planificarse sempre partindo dun escenario dinámico", advirte Augusto Pérez Alberti, docente 'ad honorem' de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela (USC) que formou parte do comité asesor da anterior lei de costas.
  comenta   0
Os socialistas instan o Goberno a coordinar medidas contra o aumento do nivel do mar e os eventos costeiros extremos
  comenta   7
A temperatura media o pasado xaneiro foi de 9,8 graos, o que supón un valor 1,8 graos superior ao normal neste período do ano, polo que se considera un mes extremadamente cálido, tal e como indica o avance do último informe climatolóxico elaborado por Meteogalicia.
  comenta   0
O mariñeiro e divulgador Rogelio Santos Queiruga, descubridor deste episodio, asegura que non se pode explicar por unha causa única, pero que en tantos anos como leva no mar "nunca vira algo así". Por iso, chama a traballar como sociedade e tamén dende as propias administracións para mudar as cousas, porque o evidente é que "o marisco está moi debilitado".
  comenta   0
Galicia Confidencial fala con María Porto, presidenta da agrupación de Mariscadoras de Carril, que conta como está a situación na actualidade, nun 2025 no que de 11 días que tiñan fixados no almanaque para saír mariscar, só puideron facelo cinco polo de agora, debido á baixa salinidade da auga.
  comenta   0
A Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros (UPA) reclamou "actuacións urxentes" por parte das administracións competentes (Unión Europea, Ministerio de Agricultura e comunidades autónomas) ante a grave crise que atravesa a apicultura.
  comenta   0
Por que acontece isto? É causa do cambio climático? Seguirá pasando no futuro? Está cambiando o clima típico de Galicia? Dende o Galicia Confidencial facemos todas estas cuestións ao presidente da Asociación Española de Climatoloxía e investigador na USC, Alberto Martí Ezpeleta, que nos explica cales son as evidencias actuais.
  comenta   0
Entre os eixos fundamentais deste orzamento atópase a súa adaptación e loita contra o cambio climático, así como a mellora da calidade de vida da poboación do municipio, a promoción e proxección da cidade e a continuidade ao mantemento e o sostemento dos espazos públicos e dos equipamentos municipais.
  comenta   0
A xeración eléctrica en Galicia emitiu 1,4 millóns de toneladas de dióxido de carbono (CO2), gases causantes do cambio climático en 2024, o que supón un 50 % menos que o ano anterior e baixar a mínimos históricos.
  comenta   0
"Seguramente Augas de Galicia pódeo facer mellor, pero seguramente os concellos tamén o poden facer mellor", di a conselleira Ángeles Vázquez sobre as queixas de veciños en Santiago.
  comenta   0
A humanidade atópase nunha encrucillada histórica marcada por unha crise de alcance planetario cuxa escala, complexidade e velocidade superan a capacidade de resposta dos sistemas políticos tradicionais.
  comenta   0
A Universidade de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun proxecto de acción contra o cambio climático que inclúe o deseño dunha metodoloxía para elaborar mapas de calor, así como a localización de refuxios climáticos nos concellos galegos, atendendo ás necesidades de biodiversidade.