Por Galicia Confidencial | Allariz | 13/06/2025 | Actualizada ás 10:50
O XV Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) reafirma o seu impacto e capacidade de atracción: desde a súa apertura, o pasado 17 de maio, preto de 3.000 persoas xa se achegaron ao recinto para coñecer de primeira man a proposta deste ano.
Dende o Concello de Allariz lembran que se trata do "único festival destas características en todo o Estado" e amosan a súa satisfacción considerando o evento "como unha cita de referencia no panorama paisaxístico e cultural, e que reflicte o interese crecente por iniciativas que combinan arte, natureza e conciencia ambiental".
"O CAMBIO CLIMÁTICO:UNHA OPORTUNIDADE PARA O XARDÍN"
Baixo este lema, a edición deste ano propón unha reflexión profunda sobre o papel dos espazos verdes fronte á emerxencia climática. Os xardíns presentados convidan á acción, á esperanza e á transformación, facendo do deseño paisaxístico unha ferramenta de diálogo co medio.
O recinto permanecerá aberto ata o 31 de outubro, ofrecendo a visitantes e profesionais unha experiencia única que mestura creatividade, sostibilidade e compromiso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.