Con motivo do 60 aniversario do falecemento de Vicente Risco, a Fundación que leva o seu nome cedeu á Asociación Xan de Arzúa uns debuxos del nos que aparecen representados gando vacún, feiras ou escenas do rural. Ademais de aparecer no cartel e no programa, utilizáronse tamén para o pano e as camisetas.