Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2025 | Actualizada ás 19:45
A Xunta convocará no mes de febreiro unha liña de axudas pioneira para apoiar aos concellos na posta en marcha de distintos tipos de solucións baseadas na natureza e no aproveitamento dos seus recursos para prever e adaptarse para os efectos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos.
Cun orzamento global para esta primeira convocatoria de dous millóns de euros, o importe máximo das achegas será de 60.000 euros por proxecto e cubrirá ata o 80% dos gastos subvencionables. O Consello foi informado este luns da próxima publicación destas axudas, deseñadas pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático co obxectivo de seguir avanzando na loita contra o cambio climático da man das entidades locais.
Os concellos poderán solicitar achegas para un máximo de tres proxectos e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático poderá á súa disposición a oficina de asesoramento da Rede Local polo Clima para orientalos coas iniciativas e o proceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.