O océano está perdendo a súa capacidade de autorregular o clima. Un cambio profundo e silencioso que xa afecta á vida mariña e pon en risco a base económica e ecolóxica de rexións como Galicia. A ciencia alerta: non estamos ante un futuro distante, senón ante un presente que xa reborda os límites.
  comenta   0
Vivimos nun planeta inmenso pero fráxil, onde a clave do cambio climático non está na superficie senón a 2.000 metros de profundidade, nas augas máis escuras e frías que rodean a Antártida. Alí, unha reestruturación brutal da circulación oceánica profunda, impulsada polo derretemento do xeo e pola acción humana, está a alterar o ritmo do clima global a unha velocidade inédita, unha ameaza silenciosa e invisible que podería definir o futuro da Terra durante os próximos séculos.
  comenta   0
En Galicia, cultivar froita é un acto de resistencia diaria: fronte a un clima cada vez máis imprevisible, a presión do mercado e pragas que avanzan con forza, como o pulgón verde, o cincento ou o laníxero. Os fruticultores galegos fan un traballo invisíbel e vital, que vai moito máis alá de agardar a que a colleita chegue.
  comenta   0
A Real Academia Galega de Ciencias coordinará este ciclo, que se celebrará do 16 ao 19 de xuño no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e en Santiago de Compostela.
  comenta   0
Como se pode comprobar, case diariamente, dende o pasado mes de Novembro -co trunfo de Trump nas eleccións presidenciais norteamericanas- o foco da atención internacional está practicamente concentrado no que se cociña nos despachos da Casa Branca.
  comenta   0
"O picudo veu para quedar, como a covid nos humanos", alerta Rosa Pérez Otero, técnica da Estación Fitopatolóxica Areeiro que pide que non se realicen as podas no verán, porque "o cheiro que desprenden as palmeiras ao cortalas atrae a máis picudos".
  comenta   1
Galicia é preciosa, si, pero tamén é verdade que o clima pode xogarnos unha mala pasada. Choivas persistentes, humidade a lume de biqueira e días fríos que se alargan máis da conta fan que ter un bo illamento térmico non sexa un capricho, senón unha necesidade real.
  comenta   0
Antonio Rigueiro, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, advirte de que "é bo diversificar e frear a expansión abusiva e desordenada do eucalipto, pois, do contrario, as consecuencias para o monte galego serán moi graves". A moratoria, di, serviu para frear a febre plantadora, pero non abonda: "Se esta remata, a situación podería volver ser igual ou mesmo peor que antes".
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, lembrou que as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (GEI) reducíronse en Galicia en 2023 nun 61,7 % con respecto a 1990, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas climáticas.
  comenta   0
"Moitos artigos da nosa prensa especializada falan de que no ano 2050 a metade da poboación con hábitos de vida occidentalizados vai ter un problema alérxico, é dicir, fálase dunha epidemia non infecciosa", indican dende a Sociedade Española de Inmunología Clínica Alergología e Asma Pediátrica (SEICAP).
  comenta   0
Ante os insultos en redes sociais pide "acabar co anonimato" e critica que se busca "destruír ao adversario político a nivel persoal".
A media de reservas sitúase no 45% e os prezos por noite oscilan entre os 22 e os 172 euros segundo o tipo de aloxamento
  comenta   0
O Executivo autonómico está contento polo logro da competencia do litoral, aínda que non foi un camiño fácil, tendo en conta que houbo recurso xudicial á lei autonómica e, incluso unha vez pechada a transferencia, unha negociación non exenta de discrepancias entre ambas as administracións para concretar termos e a cesión de medios.
  comenta   0
Galicia é terra de néboas, bosques centenarios e costas batidas polo océano Atlántico. Unha paisaxe que alimentou dende tempos inmemoriais un rico universo mitolóxico. Galicia Confidencial explora a orixe, as historias e o significado destes seres na cultura galega. Porque, en Galicia, a fronteira entre o mundo visible e o invisible é máis delgada do que parece.
  comenta   0
Norvento construirá en Lugo unha fábrica de última xeración que fabricará aeroxeradores de vangarda, equipos de almacenamento de baterías avanzados e convertidores de enerxía modernos.
Treboada, torboada, torbón, trebón, tromba...? Dende o Galicia Confidencial falamos coa catedrática de Filoloxía na USC Elvira Fidalgo, autora dun estudo sobre o léxico existente na nosa terra para designar a choiva, que se amosa convencida de que, ante estes fenómenos, "algunhas das palabras que xa había e que non empregabamos tan frecuentemente porque non as necesitabamos, agora vanse usar máis".
  comenta   0
A semana pasada, dixo a conselleira, o Executivo central trasladoulles que recibirían "o borrador do acordo" a finais desa semana ou inicios da actual, pero deslizou que isto aínda non se produciu.
  comenta   0
Por que acontece isto? É causa do cambio climático? Seguirá pasando no futuro? Está cambiando o clima típico de Galicia? Dende o Galicia Confidencial facemos todas estas cuestións ao presidente da Asociación Española de Climatoloxía e investigador na USC, Alberto Martí Ezpeleta, que nos explica cales son as evidencias actuais.
  comenta   0
A temperatura media do ano pasado en Galicia foi de 14,7 graos, 1,1 graos por encima do esperado. Evidenciouse que "cada vez se fai máis desordenada a sucesión de estacións", indica a Xunta.
  comenta   0
As emisións de CO2 da produción eléctrica galega caen a un mínimo histórico en 2024 e caen uns 1,4 millóns de toneladas. O fin do carbón e o moi bo ano hidroeléctrico son as causas principais.
  comenta   0
Segundo datos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), máis do 80% dos edificios e vivendas en España teñen unha cualificación enerxética de tipo E, F ou G.
  comenta   0
Galicia presentará a súa proposta de promoción anual como destino turístico a partir do próximo 22 de xaneiro en Madrid, na Feira Internacional de Turismo (Fitur).
  comenta   0
O presidente da Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico (APLE) asegura que "a maior parte do leite ecolóxico tamén se comercializa como o leite convencional, a través de empresas que o envasan en 'tetrabrick', de tal xeito que ao final o prezo base é o mesmo: no leite convencional hai un prezo base ao que despois, no caso do leite ecolóxico, se suma un sobreprezo".
  comenta   0
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro Martínez Abraín pon sobre a mesa que a idea de que o CO2 podía influír sobre o clima e a temperatura non é nada novo, senón que foi plantexada xa polo científico sueco Arrhenius, a finais do século XIX e comezos do XX. A Margaret Thatcher, a primeira ministra británica conservadora, víñalle ben retomar esa hipótese no seu afán por independizarse dos Países Árabes e do petróleo que estes lle proporcionaban, fomentando a enerxía nuclear.
  comenta   0
Con máis dun millón de seguidores sumando a súa canle de Youtube e as súas contas de Instagram e Tik Tok, Anita logrou forxarse un futuro nas redes sociais que lle permitiu saír dunha ditadura que afoga ao seu país, que restrinxe dereitos e que obriga á súa xente a vivir na miseria. Esta é a súa historia.
  comenta   4
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro Martínez Abraín asegura que "a cuestión do cambio climático está completamente mediatizada" e, "se a día de hoxe un grupo de investigación plantexa un estudo sobre a influencia, por exemplo, das nubes sobre o clima, ninguén lle vai dar financiamento, porque vai en contra do dogma", tal e como xa aconteceu en Dinamarca. "Vivimos nuns tempos case inquisitoriais para a Ciencia", lamenta.
  comenta   0
A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, é dicir, diques, rompientes e paseos marítimos. Pide que se extremen as actividades no mar
  comenta   0