Pontón sinala que "no Estado español non hai interese pola transparencia" en referencia á monarquía

Para a portavoz nacional do BNG a monarquía é "unha institución anacrónica e antidemocrática que, ademais, non deixa de ser un residuo do Franquismo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2020 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu ao Goberno do PSOE e de Podemos que "deixe de amparar esa suposta corrupción da Casa Real" e "traballe pola transparencia" e por que "se cumpra un principio básico en democracia, que é que a quen comete un delito teñen que xulgalo os tribunais".

Así o manifestou nunha reunión telemática co vicepresidente catalán e coordinador de ERC, Pere Aragonés; a líder de Adelante Andalucía, Teresa Rodríguez, e a coportavoz de MÉS per Mallorca, Neus Truyol.

Coa saída do Rei emérito de España, dixo Pontón, "hai un intento de salvar á Monarquía", pero está a ser "un intento errado". "Cremos que hai unha maioría de cidadáns que están a ver con absoluta indignación o que está a ocorrer", sinalou e tachou de "vergoñosa" a "operación fuxida" en pleno mes de agosto, que "relata que no Estado español non hai interese pola transparencia, senón pola opacidade".

"A calquera persoa na situación xudicial de Juan Carlos non se lle permitiría saír de España", agregou e considerou que isto "pon máis focos sobre a opacidade que rodea á Casa Real" e fai que teña "máis sentido que nunca" unha comisión de investigación no Congreso.

A líder da formación nacionalista afirmou que "é evidente" que hai "moitos pozos negros dunha Transición que foi un pacto co Franquismo". Para "abrir" tales pozos hai que "cuestionar a Monarquía" pero tamén "recoñecer o carácter plurinacional do Estado español" e defender a democracia. "E democracia significa que non pode haber unha institución do Estado que é hereditaria", defendeu.

A Monarquía, proseguiu, é "unha institución anacrónica e antidemocrática que, ademais, no Estado español non deixa de ser un residuo do Franquismo". "A impunidade que rodea á coroa simboliza a impunidade do Franquismo", sostivo e considerou "incompatible coa democracia" a existencia do delito de inxurias á Coroa.

Precisamente, referiuse a a decisión da Audiencia Nacional de arquivar as dilixencias contra ela, Pere Aragonès e Teresa Rodríguez por inxurias á Coroa e criticou non recibir "ningún tipo de comunicación oficial" e terse que decatar pola prensa.

Neste sentido, reiterou que o BNG seguirá "cuestionando a existencia da Monarquía e denunciando a súa corrupción" e avisou de que a "extrema dereita" non os vai a "amedrentar". "Non imos permitir que nos tapen a boca nin que nos tapen os ollos ante a tremenda corrupción que estamos a ver ao redor da Casa Real", resolveu.

A portavoz nacional do BNG e candidata á Xunta, Ana Pontón, ofrece unha rolda de prensa, durante a noite electoral do 12J. César Arxina - Europa Press - Arquivo
A portavoz nacional do BNG e candidata á Xunta, Ana Pontón, ofrece unha rolda de prensa, durante a noite electoral do 12J. César Arxina - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Bismutiño

Pero vamos a ver Pontona. Llevas toda la vida cobrando un sueldo fabuloso del estado español , que nunca pediste que te bajaran, al que la inmensa mayoría de los gallegos no puede aspirar, no sabes lo que es el trabajo precario ni las miserias del autónomo, y nos vienes ahora con los problemas de los borbones.

1 Anticaraduras

Cobra dos impostos de todos que também pagámos os soberanistas. Se nom te parece correto mui bem, mas entom deverias pedir também que os que nom queremos pertencer ao estado espanhol estivermos livres de pagar impostos ao mesmo ou dar-nos a alternativa de pagar à administraçom galega. Para negar-nos os direitos aos soberanistas estades mui predispostos mas o nosso dinheiro bem que vos vale.

2 Bismutiño

Voy más allá. Para los cuatro colgados soberanistas, vagos, parásitos y maleantes, soy partidario de quitaros la nacionalidad española, el DNI, el pasaporte y por supuesto el acceso a los hospitales y las pensiones de la Seguridad Social española. A rañala a Angola.

3 Amancio

Home Bismutiño non parece que estés en condicións de chamar "colgados" aos mais. Xa sabíamos que os nacionalistas españois non sodes moi demócratas, mais chama a atención que non propoñas o mesmo para D. Xoan Carlos I. Total el xa a está a rañar no estranxeiro. Presuntamente, claro.

1 Gamela

O tema da transparencia é transversal e dende abaixo ! Se este non fora un pais opaco dende o primeiro alcalde ata o Rei estaríamos vivindo nun mundo ate agora descoñecido ! Basten dous exemplos para dar exemplo: https://twitter.com/00Gamela/status... e outro en Ribadeo https://twitter.com/00Gamela/status... Mañá falamos do Rei (?)