Por Pablo Montaña Prieto | Santiago de Compostela - Vigo | 15/03/2013 | Actualizada ás 09:49
Fotos: David Cortizo
Terbutalina tocou o pasado xoves 7 de marzo na Capitol. Antes deles actuaran A Familia Caamagno, un grupo que me lembrou moito a Siniestro Total (hasta tiñan cancións coas mesmas progresións de acordes) pero que non me agradaron moito. Iso si, melloraron bastante ao final do concerto, a partir dunha versión que fixeron de Esto na Lavadora, autoría de El Caimán do Río Tea.
Terbutalina era un grupo do que eu escoitara bastante os seus discos, e me parecían moi orixinais; facían un punk moi marchoso e cunhas letras inxeniosas. No concerto a sensación que me deron foi a de que non son un gran grupo técnicamente pero que aínda así fan gozar e bailar ao público como case ningún outro grupo galego ( salvando excepcións coma os Heredeiros). Terbutalina ten cancións moi boas pero outras bastante aburridas e demasiado sinxelas até para ser punk. Certamente, ao meu parecer, as cancións do último disco non están á altura das dos anteriores. Porén, agora añadiron a un teclista que aporta moita máis textura ás bases musicais. O baixista non tocou máis que tónicas, algo moi habitual no punk, aínda que no seu caso non conseguiu aportar a contundencia que conseguen tantos outros baixistas punkies. O grupo toca con dous guitarras, pero chegaría cunha, xa que salvando contadas excepcións, ambas tocaban o mesmo
En definitiva, un concerto con moitos altibaxos musicalmente falando pero no que o público gozou e non parou de se mover en ningún momento.
Un día despois, o venres tocou Boikot xunto a Bergallazo na Sala Inferno de Vigo, aínda que o concerto estaba previsto que fora en Sala Mondo.
Bergallazo é un grupo de rock, formado por integrantes moi novos en canto a idade, pero que demostaron ter moita experiencia nos escearios. Levaron a moita xente ao concerto desde a súa terra, Ourense, e sorprendeu escoitar, sendo eles os teloneiros, a unha gran parte do público cantar os seus temas.
Tras eles tocoulle o turno aos madrileños, Boikot. Trátase esta dunha banda que mistura o punk co ska, sen rexeitar a contundencia e os riffs do rock, creando así un tipo de música bastante diferente ao que acostuma no panorama nacional. Cumpriron á perfección a súa tarefa, e interpretaron temas tan famosos como Tequila.
As liñas do baixo estaban moito máis conseguidas que as de Terbutalina pese a tratarse tamén de Punk.
Pero se algo cómpre destacar deste concerto foi o ambiente, se xa me sorprendera a festa que se montou con Terbutalina, con Boikot quedeime a cadros. Eu estaba acostumado a concertos de bandas tan importantes como Marea , Siniestro ou Extremoduro, pero endexamais vira nun concerto de rock á xente moverse tanto como o venres. Toda a sala bailou, e hasta houbo xente que subiu ao esceario a cantar. E mención a parte merece a complicidade que houbo entre o grupo co público, o público co grupo, e o público co mesmo público. O diálogo da banda cos seus seguidores foi constante, así como as colaboracións de artistas coa banda. Mesmo os Boikot mandaron subir a cantar ao cantante de Bergallazo, sen estar isto previsto, por ser o seu aniversario. Tamén no público estivo patente a solidaridade. A xente compartía bebida e palabras de amabilidade e euforia con coñecidos pero tamén con descoñecidos. Esta é ,xa que logo, a maxia que existe no mundo do Rock and Roll
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.