Un accidente entre un coche e un camión en Cuntis sáldase cunha muller ferida

En canto á carga do camión, en concreto, gas, confirmaron que permanecía intacta sen fugas nin fisuras.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 26/08/2020 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia



Unha muller resultou ferida ao chocar este mércores o vehículo no que viaxaba cun camión cisterna que transportaba gas na N-640, ao paso polo concello pontevedrés de Cuntis.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 18,30 horas na recta da Anallada e o propio condutor do camión pediu asistencia médica urxente para a muller que circulaba no turismo.

Conforme sinalou, presentaba lesións importantes, polo que, desde o 112 Galicia, solicitouse, enseguida, a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tamén foron informados os Bombeiros do Salnés, membros do GES da Estrada e voluntarios de Protección Civil de localidade. Con todo, a muller estaba liberada e accesible e descartouse o uso dos equipos de excarceración.

Iso si, os axentes da Garda Civil de Tráfico pediron medios de limpeza e mantemento debido aos danos provocados polo impacto, así que, o persoal do 112 Galicia, avisou ao persoal do Ministerio de Fomento.

En canto á carga do camión, en concreto, gas, confirmaron que permanecía intacta sen fugas nin fisuras.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta