Soben a 16 os casos do foco da Pobra e a 12 os de Negreira

Na área de Santiago hai un novo caso na residencia de Lalín e 13 no centro de Correos de Lavacolla.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

O brote de COVID-19 relacionado cunha empresa situada no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal suma outro caso positivo, o que eleva a 16 os contaxiados. Así o confirmou este venres a área Sanitaria de Santiago e Barbanza despois de que este xoves se detectaran catro novos positivos de traballadores no 'screening' realizado.

Mentres, no municipio coruñés de Negreira detectouse un brote con orixe nunha reunión familiar que suma 12 casos, indicaron as mesmas fontes sanitarias. Así mesmo, no segundo cribado realizado na Residencia de Maiores de Lalín (Pontevedra) detectouse un positivo, que corresponde a un conviviente co anterior infectado.

En canto á situación do municipio courñés de Melide, as mesmas fontes elevan a 77 os casos totais, distribuídos en diferentes concellos da área de Santiago e mesmo noutras provincias. Ademais, nesta área sanitaria compostelá hai outro brote con 13 casos positivos vinculados ao centro de Correos de Lavacolla, na capital galega.

Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press
Un traballador sanitario protexido sostén unha das probetas utilizadas para a realización de tests PCR .. Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta