Os pais de Julia, unha nena de 6 anos que vive en Negreira, non poden acceder a unha prestación porque a doenza rara que padece a súa filla, documentada no 2016, non está contemplada na lei do 2011. O PSOE presentará unha iniciativa parlamentaria para que a lexislación contemple "calquera enfermidade" dun menor dependente.