Un camión perde vigas de formigón e provoca retencións entre Ames e Negreira

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2024 | Actualizada ás 11:46

Comparte esta noticia

Un camión que transportaba vigas de formigón perdeu parcialmente a súa carga na mañá deste luns na estrada que une Negreira con Bertamiráns, o que causou retencións na zona e tráfico lento, aínda que xa foi restablecido.

O suceso tivo lugar pouco despois das 8,00 horas na AC-544 ao seu paso pola parroquia de Trasmonte, en Ames, nas proximidades do desvío a Ponche Maceira.

Foi o propio camioneiro o que alertou ao 112 de que perdera parte da súa carga, vigas de formigón, que quedaran sobre a estrada. Ata a zona desprazáronse efectivos de Garda Civil de Tráfico, para regular a circulación, e GES de Brión. Por fortuna, non houbo que lamentar feridos.

Axente da Garda Civil de Tráfico nunha imaxe de arquivo
Axente da Garda Civil de Tráfico nunha imaxe de arquivo | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta