O choque produciuse nun dos puntos con máis sinistros da urbe olívica, onde é habitual este tipo de golpes á primeira hora da mañá.
Este ano, o plan de tráfico especial cortou a entrada 157 da AP-9 desde a Avenida do Tranvía de Vigo, converténdose este tramo da rúa dun único sentido cara ao Ifevi. Ademais, para acceso exclusivo de expositores, abriuse un ramal ata agora inhabilitado que conecta a AP-9 co aparcadoiro do recinto.
Unha muller tivo que ser excarcerada, antes de ser evacuada en ambulancia a un centro hospitalario, á altura do quilómetro 592, sentido Madrid. Os traballos dos equipos mobilizados obrigaron a cortar o tráfico nun dos carrís, o que provocou importantes retencións.
Segundo os primeiros indicios do Instituto Armado, o que ocorreu é que un camión do lixo atopábase parado na beiravía por unha avaría cando o outro vehículo, de maiores dimensións, non se decatou da súa presenza pola néboa e acabou chocando contra el.
  comenta   0
O prognóstico das vítimas é reservado. Un dos coches aínda se atopa obstaculizando a calzada á espera de ser retirado e o outro acabou nunha horta tras o impacto.
Case unha hora despois, o atasco xa diminuíra e os coches implicados xa foran apartados á beiravía
  comenta   0
O Goberno tenta pechar o paro, pero todo apunta a que certos grupos poderían seguir mobilizándose ao non verse representados nos interlocutores do Executivo. Lugo, Santiago e Vigo volven sufrir retencións pola aproximación dos camións, que polo momento só entraron na urbe romana. Feijóo, "preocupado" por se afecta á sanidade.
  comenta   0
A principal asociación que secunda os paros en Galicia remarca que as reivindicacións "son claras": baixada de carburantes e subida de tarifas. Un acordo con transportistas permite a recollida de pensos en portos durante 24 horas para a súa repartición.
  comenta   0
A situación económica actual trae candasí a suba dos prezos en produtos esenciais e básicos. Isto en Galicia supón un obstáculo diario para os pensionistas, cuxas pagas mensuais son as segundas máis baixas do Estado. E dentro do país, as persoas xubiladas no sector agro-gandeiro continúan a ter os “retiros” máis baixos, con medias que apenas pasan dos 700 euros por mes.
  comenta   0
A situación do tráfico é normal nos outros dous puntos fronteirizos abertos en Salvaterra do Miño e Verín.