Cortes de tráfico desde este luns en Pontedeume polas obras de rehabilitación da ponte

Os traballos acométense no quilómetro 20,6 da N-651, en Pontedeume, e implican un investimento de 6,77 millóns de euros, financiados con cargo a fondos europeos 'Next Generation'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2025 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia



As obras de rehabilitación que acomete o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable na ponte de Pontedeume, sobre a ría de Ares, implicará o seu corte ao tráfico a partir deste luns, 5 de maio, e ata que finalice xuño.

No entanto, segundo informa o Ministerio, o paso de vehículos estará permitido as fins de semana. A primeira semana (do 5 ao 9 de maio) a ponte só se cortará polo día, das 9.30 horas da mañá ás 21.00 horas da noite. A partir das semanas seguintes, en maio e xuño, poderá establecerse un corte continuo, as 24 horas.

Os traballos acométense no quilómetro 20,6 da N-651, en Pontedeume, e implican un investimento de 6,77 millóns de euros, financiados con cargo a fondos europeos 'Next Generation'.

As obras implican a mellora e modernización da estrutura, incluíndo actuacións como unha nova cimentación, substitución e ampliación do taboleiro e de beirarrúas peonís, a instalación de varandas e elementos de contención de vehículos e a reconstrución da sillería da ponte.

Ponte de Pontedeume (A Coruña).. MITMA
Ponte de Pontedeume (A Coruña).. MITMA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta