Máis de 120.000 sinaturas para esixir a Abanca que non aplique o "cobro abusivo de comisións" aos seus clientes

A recollida de sinaturas promoveuna a veciña de Cangas Yolanda López e serán entregadas na sede central de Abanca na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia



Máis de 120.000 persoas asinaron na petición da plataforma change.org para esixir a Abanca o cesamento do "cobro abusivo de comisións" aos seus clientes. A recollida de sinaturas promoveuna a veciña de Cangas Yolanda López e serán entregadas na sede central de Abanca na Coruña.

"O pasado día 19 de xuño, desde Abanca cobraron aos seus clientes novas comisións. No meu caso, o importe ascendeu a 50 euros: 42 euros de 'comisión de mantemento' e 8 euros por 'gastos de administración'. Fixérono, ademais, sen avisarme antes, aínda que eles din que si o fixeron", relata esta veciña no texto que acompaña á recollida de firmas.

Acudirán á entrega o presidente da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga), Manuel Pérez Arias, e a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba Seivane.

Protesta diante dunha sucursal de Abanca polas comisións
Protesta diante dunha sucursal de Abanca polas comisións | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta