A DXT contrata en Galicia a unha empresa relacionada co caso Faycan

Antoni Nadal Moreno, directivo de Cobra e Moncobra en Canarias, está imputado por suborno neste caso ao pagar comisións por obras municipais dun concello do PP.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/03/2013 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

O Ministerio de interior acaba de formalizar o contrato de mantemento das xefaturas provinciais e oficinas locais de Tráfico de Galicia á empresa Moncobra, relacionada coa trama de presuntos cobros irregulares no PP de Telme, en Canarias.

Imputados no caso Faycan
Imputados no caso Faycan | Fonte: teldedigital.com

Segundo as instruccións do xuíz deste caos, o ex alcalde Francisco Valido, os ex edís do PP, Antonia Torres e Carmelo Oliva, e o interventor municipal, Enrique Orts, idearon unha trama ilegal para financiar ao PP, pero o diñeiro acabou presuntamente nos seus petos. Chegaron a moverse case un millón de euros en comisións ilegais en tres anos. 

O núcleo duro

A presunta trama de corrupción municipal do caso Faycán tiña un núcleo duro. O xuíz Francisco Javier García sitúa á fronte da orquestra ao ex alcalde polo PP, Francisco Valido Sánchez, quen en suposta conivencia coa ex edil de Obras, María Antonia Torres, o ex de Facenda, Carmelo Oliva, e o interventor municipal, Enrique Orts, hoxe en día apartado provisionalmente das súas funcións, idearon un sistema que tiña por labor inicial o financiamento ilícito do PP no período 2003-2006, pero que, como admite o propio maxistrado nun auto co que pecha a instrución, derivou nunha trama para pasar o diñeiro obtido ao "peculio privado" dos xefes de varios ex concelleiros como María del Carmen Castelán, do ex asesor Francisco Gordillo, e de 2 técnicos municipais, Jorge Rodríguez e Esteban Cabrera. 

Unha das empresas que estivo relacionada con ese caso foi o grupo Cobra, ao que pertence Moncobra, e que está controlada polo empresario Antoni Nadal Moreno, entón director en Canarias de ambas as marcas, é un dos imputados no caso Faycan, pendente de xuízo.

Precisamente é a este grupo ao que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) lle acaba de encargar o mantemento das súas oficinas en Castela e León, Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e A Rioxa por 1.122.367,27 euros.

O procedemento

Segundo o auto de instrución, Cobra e Moncobra son dúas das empresas que, presuntamente, pagaron comisións ao alcalde, os concelleiros e varios técnicos municipais do Concello de Telde de 2003 a 2006 a cambio da contratación de obras e servizos. As adxudicacións outorgábanse a través de procedementos negociados sen publicidade e, se o valor do contrato superaba os limiares previstos por lei, se "fraccionaba sen razón". 

No caso de que fose inevitable sacar a obra ou servizo a concurso público, o concello filtraba os pregos con anterioridade ás empresas "amigas" e os técnicos que debían cualificar as propostas empresariais facían o resto, segundo as conclusións do xuíz instrutor.

Antonio Nadal Moreno, directivo de Cobra e Moncobra en Canarias, está imputado por suborno neste caso. No auto arguméntase que estas empresas pagaron entre o 6 e o 8% do valor das obras adxudicadas en comisións ao equipo municipal e calcula que estas porcentaxes sumarían máis de 100.000 euros. Os pagos realizaríanse a través de Juan Francisco Gordillo Chamarro, contratado como comercial das firmas e fillo de Francisco Gordillo Suárez, asesor da concelleira Maria Antonia Torres, todos eles imputados no caso.

O xuíz de instrución destaca, ademais, que "a situación tiña un modus operandi tan habitual e asumida polas empresas amigas", que a mesma mercantil COBRA S.A., plasmou obxectivamente unha conta de gastos para Canarias, que só no ano 2005 deixou uns pagos para o Concello de Telde en concepto de comisións por un valor de 107.600 euros, en cuxa conta de beneficiarios polo cobro figuraban técnicos municipais.

Nóminas atrasadas

Curiosamente, os traballadores desta empresa en Puerto Real levaron a cabo unha folga a finais de xaneiro para reclamar o pago de atrasos nas súas nóminas e horas extras de dous anos e que, segundo CCOO, supoñen unha media de 800 euros por traballador. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta