Por gcdeportes | Santiago de Compostela | 26/03/2013 | Actualizada ás 17:33
Non se podía pedir máis. Na mañá do domingo o CAB Obradoiro conqueriu a súa 12ª vitoria no que vai de campionato fronte ao Estudiantes. O Sar converteuse nun equipo e máis nunha afección de "play off".No primeiro cuarto, que soe ser de quecemento,avaliacións,( vendo o desenrolo do encontro), de "pizarra" ,nervios, etc, para os dous equipos, os de Moncho Fernández íanse cun parcial de 10 a 0 .
Todo semellaba demasiado sinxelo e máis cun equipo que loita precisamente polos "plays". Pero neste deporte todo o partido é partido ata o asubío final do árbitro. Vidorreta non sabía moi ben a que estaban a xogar os seus pupilos, precisaba trocos, ou o encontro íaselle das mans nas primeiras de cambio.Coa bancada exultante,Andrés Rodríguez na súa mellor versión e un Mejri enchufadísimo, puña as cousas moi de cara ,pero todo ía trocar.
O Estudiantes enchúfase no partido
Ninguén agasalla nada a ninguén na mesma loita. Os de fora, co canterán Jaime Fernández, cambiaron moito o encontro, xa que bailou a defensa santiaguesa ás primeiras de cambio. Pero Mejri (M.V.P.) saíuse. Logo do descanso e sendo o segundo cuarto máis igualado, no terceiro os do Estudiantes comezaron a sentirse mellor na pista do multiúsos,cunha bagaxe anotadora do Obra bastante desesperanzadora( en 7 minutos 3 ptos), inda que saiu do apuro o final do mesmo.
O derradeiro cuarto, coma sempre, ditaría a sentenza. Así foi. O Estudiantes chegou, co estupor de boa parte do bancada, a pórse a tan só un punto por debaixo, o que provocou o temor no multiusos e máis nos técnicos do equipo de Santiago. Pero entre Pumprla, Corbacho e Hummel fixeron que, entre triplas o bo acerto anotador do checo, antes mentado, e unha boa xestión dos tempos (cousa que as veces trócase coma problema do Obra) fixeron que os sorrisos das facianas dos siareiros non cambiara. Palmas no día da palma e bo encontro de todo o equipo en xeral,(Kendall moi cuberto),Mejri 24 ptos Andrés Rodríguez 13,o checo Pavel 13 e "tripla" Corbacho 10.
O vindeiro encontro volta a ser nas illas fronte o Herbalife Gran Canaria (sábado ás 19:00) e, logo, e agardar a chegada do Barcelona a Sar en 15 días.
Crónica de Santi V.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.