Máis de 100 hectáreas queimadas nas últimas horas en varios lumes en Vilariño de Conso e Chandreixa de Queixa

En Vilariño de Conxo hai dous focos que arrasaron xa 61 hectáreas e no de Chandreixa de Queixa xa son máis de 40 hectáreas as queimadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2020 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural dá por estabilizados dous incendios forestais rexistrados a pasada noite no municipio ourensán de Vilariño de Conso e que, entre os dous, calcinaron algo máis de 61 hectáreas.

Segundo informou a Xunta, os dous lumes comezaron entre as 21,30 e as 22,41 horas, con tres focos cada un e, no seu avance, chegaron a confluír. Un deles, o que comezou na parroquia de Castiñeira, quedou estabilizado ás 11,27 horas e, segundo as últimas estimacións, afectou a algo máis de 16 hectáreas de monte raso. No seu control traballaron sete axentes, 12 brigadas, tres motobombas e dúas pas.

Pola súa banda, o comezado na parroquia de San Cristovo permanece estabilizado xa desde as 7,02 horas da mañá e afectou a unhas 45 hectáreas de monte raso. No seu control participaron dous axentes, catro brigadas, tres motobombas e unha pa.

CHANDREXA DE QUEIXA

Así mesmo, está tamén estabilizado desde as 2,07 horas da madrugada o lume iniciado ás 16,43 horas deste venres na parroquia de Queixa, do municipio ourensán de Chandrexa de Queixa. Segundo as últimas estimacións, o lume afecta a unha superficie de 40 hectáreas. No seu control participaron cinco axentes, 13 brigadas, seis motobombas, tres pas, nove helicópteros e dous avións.

Lume forestal en Vilariño de Conso
Lume forestal en Vilariño de Conso | Fonte: Twitter Aprafoga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta